12 DE OUTUBRO, ÚLTIMA XORNADA DE CARREIRAS DE CABALOS EN ANTELA

O vindeiro 12 de outubro pecharase a temporada de carreiras de cabalos no hipódromo de Antela coa última xornada de competición deste ano.
Esta, dará comenzo ás 16:30 horas e acollerá un total de 5 carreiras, para as que hai inscritos oficialmente 85 cabalos.
A primeira das carreiras repartirá 10.500 euros en premios, a segunda 5.250 euros, a terceira 7.000 euros, a cuarta 6.125 e a quinta repartirá 5.250 euros entre os cinco primeiros clasificados.
Esta última carreira ten 23 cabalos inscritos, por 19 a primeira, sendo as máis numerosas da xornada, que destacará por unha elevada participación.
Os asistentes tamén poderán realizar as súas apostas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario