1 de out. de 2010

OURENSE

II CURSO PARA XESTORES DE INSTALACIONS DEPORTIVAS


Infogauda / Ourense
A Deputación convoca a celebración do II Curso para xestores de instalacións e servizos deportivos en pequenos municipios, que se celebrará os vindeiros días 22 e 23 de outubro e os días 5 e 6 de novembro, no Centro Cultural.
Estes cursos, con prazas limitadas, coincidirán tamén coa celebración do III Congreso Galego de Xestión Deportiva, a celebrar no mesmo lugar o día 23 de outubro.

Pensado básicamente para xestores de servizos e instalacións deportivas e responsables do deseño e programación do deporte nos concellos, este curso ten como obxectivo actualizar e reforzalos coñecementos dos técnicos, mellorando habilidades e descubrindo novos mecanismos de xestión.

A data límite de inscripción é o 18 de outubro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario