POLDRAS INTERPRETA EN GRAVADOS O “RERUM NATURA” DE LUCRECIO, NUN TRABALLO COLOSAL QUE INAUGURA HOXE
Infogauda / Ourense
O Centro Cultural da Deputación acolle dende hoxe ate o día 24 de outubro a mostra “De Rerum Natura”, un traballo que inclúe 62 obras realizadas polo artista Xosé Poldras e que interpretan as grandes preguntas sin resolver polo ser humano. Son respostas sobre as que reflexionaron grandes pensadores como Epicuro e que se transformaron en seis libros no Século I Antes de Cristo por Lucrecio.
Esta obra de Xosé Poldras é un traballo colosal no que investíu 10 anos de reflexión e investigación para traducir en imaxes os 6.000 versos recollidos na versión española da obra realizada polo poeta e pensador Agustín García Calvo, que avala tamén con un texto propio este traballo e que se recolle no catálogo da exposición.

Poldras aludíu á complexidade de ilustrar pensamentos tan fondos como a existencia de Dios, a morte, o destino do home, a existencia dunha ou múltiples realidades, etc..
Tamén explicou que empregou varias técnicas de gravado como buriles, holografías e monotipos (pezas únicas). O artista amosouse fondamente satisfeito co resultado de calidade da exposición, do catálogo e dos textos, agradecendo a colaboración das persoas que participaron neste proceso e que van dende Agustín García Calvo ao poeta Xavier Ron e aos técnicos da Deputación e do seu Centro Cultural que apoiaron dende o principio este proxecto.
O director do Centro Cultural, Francisco González, loubou este traballo e anunciou que a vocación do mesmo é a “de viaxar a diferentes lugares e ser embaixador tanto do artista como do traballo que se fai en Ourense, no Centro Cultural”. Así, anunciou conversas para que a mostra poida verse en diferentes lugares de Galicia e España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario