MEDRANDO NA COMARCA
Preto de catro mil persoas pasaron pola VII Feira Ecolóxica de Arzúa
Malia a chuvia, a segunda xornada da VII Feira Ecolóxica de Arzúa foi “un éxito de público”. Esas son as palabras da coordinadora do evento, Txeli Vicente, quen ademais destacou a grande implicación do público nas diversas actividades que se celebraron ao longo de todo o día.

Foron preto das 4.000 persoas as que pasaron polo recinto multiusos Terra do Queixo durante a fin de semana. Esta cifra confirma a boa saúde da programación que, despois de sete anos, é xa un referente na axenda do outono arzuán. Mais non só. Persoas de toda Galicia e do Estado, así como de outras nacionalidades, reuníronse este ano na Feira para visitar e coñecer máis sobre produtos ecolóxicos e terapias alternativas.
O alcalde da vila, Xaquín García Couso, visitou, ao igual que na xornada do sábado, o recinto feiral. El, ao igual que a coordinadora destacaron o enorme éxito que supuxo a programación, tanto polo que respecta aos produtores locais como no que ten a ver co movemento de colectivos e produtores de fóra, convertendo Arzúa nun grande centro do comercio sustentábel.

Máis presenza da comarca
O grupo de gaitas de Castro Curbín e as cantereiras de Arzúa participaron activamente na Feira. Cunha animación pola mañá e durante o xantar popular, ademais de ser parte tamen dos concertos do serán, esta edición contou coa maior implicación dos grupos de música da bisbarra.
Dado que todos os anos é moi boa a acollida que a programación ten entre a bisbarra “é de recibo que estes grupos estean nun punto de encontro de tantas persoas como é a Feira”, remarcou Txeli Vicente.
Non podemos esquecer as visitas guiadas feitas –por primeiro ano- polo Centro do Queixo e do Mel e a primeira exposición de debuxos na que participaron os e as alumnas dos CEIP de Arzúa e Nosa Señora do Rosario (Atocha).

Ningún comentario:
Publicar un comentario