O BNG acada o acordo do pleno da Guarda para esixir o mantemento e mellora do NoiteBus
O BNG presentou, no pleno do concello da Guarda, unha moción na que se insta á Xunta de Galiza a manter o funcionamento do servizo de transporte público nocturno coñecido como NoitebúsO BNG presentou, no pleno do concello da Guarda, unha moción na que se insta á Xunta de Galiza a manter o funcionamento do servizo de transporte público nocturno coñecido como “Noitebus”, mellorando a súa dotación e funcionamento. A moción foi aprobada por todos os grupos políticos agás o PP que se abstivo na votación.
O PP, a través da Xunta de Galiza, vén de anunciar a súa intención de suprimir o servizo coñecido como Noitebus. Esta iniciativa, destinada a mellorar a seguranza viaria e reducir a sinistralidade, rexistrou unha boa acollida desde a súa posta en funcionamento dando un servizo necesario do que non se pode prescindir.
“É unha irresponsabilidade, escoitar do Presidente do Goberno Galego que “este é un servizo que resulta innecesario nun momento de dificultades económicas”, cando persoas expertas nesta materia fixeron público o seu desacordo nestes mesmos días” comentou Xan Lois Lomba.
O BNG considera un auténtico desatino considerar que os fondos destinados a previr os accidentes e dar servizos á xente nova un dispendio. Por outra parte o custe do servizo é perfectamente asumíbel pola Xunta de Galiza. No ano 2010 a Xunta dedicou ao Noitebus pouco máis de 4,5 millóns de euros, unha cifra que representa o 0,5% do orzamento da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Un investimento moi inferior ao gasto que o goberno do PP está a facer en propaganda e publicidade desde a Xunta de Galiza. O normal é que os recortes se realicen no ámbito da propaganda e non en servizos que cumpren unha función social evidente. A Xunta de Galiza debe rectificar esta decisión e manter o funcionamento dun servizo que ten demostrado a súa necesidade e utilidade.
Asemade hai que engadir que a Guarda é un receptor deste servizo que debe ser potenciado para que aqueles mozos e mozas que acoden ao noso concello para disfrutar das noites da fin de semana o poidan facer con todas as garantías, evitando coller o coche para volver as súas casas co perigo que iso conleva moitas veces.
Ningún comentario:
Publicar un comentario