O BNG solicita a retirada do canon da auga do Proxecto de Lei de Augas de Galiza

Responsábel Local do BNG no Rosal
O canon gravará por igual o consumo ou utilización da auga procedente de captacións propias, traídas veciñais ou pozos, e a procedente do abastecemento municipal
Infogauda / O Rosal
O Bloque Nacionalista Galego do Rosal, solicitará no próximo pleno que se celebrará a finais de mes, a retirada do Proxecto de Lei de Augas de Galiza, que foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado 27 de maio.
Para o BNG, o proxecto non introduce modificacións substanciais dende o punto de vista ambiental nin de protección dos recursos hidrolóxicos galegos. En cambio, si ve un claro obxectivo recadatorio por parte da Xunta, segundo explica o responsábel local da formación nacionalista, Alberte Alonso Pereira.
Segundo indica Alberte Alonso, o canon gravará por igual o consumo ou utilización da auga procedente de captacións propias (traídas veciñais ou pozos) e a procedente do abastecemento municipal, que no caso do Rosal é mínima. Lembran os nacionalista que neste concello na maior parte das parroquias e barrios este servizo dano as 10 traídas veciñais. Só no caso de que os usuarios non dispoñan de abastecemento público nin de rede de saneamento, poderán aplicar unha redución do 80%. Mais si hai saneamento, terán que pagar a cota íntegra.
O proxecto de lei substitúe o actual canon de saneamento por dous novos impostos indirectos: o canon da auga e o coeficiente de verquido.
Estas modificación van supor na realidade unha suba brutal, con incrementos de até o 360% e van afectar de xeito moi especial á poboación rural, como é o caso do Rosal, aos pequenos comercios e ás pequenas empresas.
Asemade, suprímense as exencións que na actualidade beneficiaban ao medio rural, pois non se exclúe ningún núcleo de poboación, nin os de menos de 2000 habitantes, que actualmente están exentos, nin tan sequera os de menos de 500 habitantes que excluía inicialmente a lei de 1993.
Segundo explica Alonso Pereira, o proxecto de lei prevé que as captación propias, como os pozos, están obrigados a instalar contadores homologados e, de non facelo no prazo de seis meses, o canon da auga liquidaráselle polo método de estimación obxectiva e poderán ser sancionados con multa de até 30.000 euros.
É por todo isto que o BNG, na moción presentada, solicita que o concello se dirixa a Xunta e esixa a retirada do Proxecto de Lei de Augas de Galiza, así como a elaboración dun novo proxecto de Lei que sexa sometido a consulta pública, e que recolla o cumprimento da Directiva Marco da Auga, que garanta, en igualdade condicións, o acceso ao ciclo completo da auga aos cidadáns galegos, que garanta unha fiscalidade progresiva, que regule e ordene os usos da auga, que teña en conta unha regulación dos usos industriais da auga que garanta o uso sostíbel do recurso e unha xestión transparente do canon industrial.

Ningún comentario:
Publicar un comentario