9 de xuño de 2010

A GUARDA

O PERIGO ESTÁ NA RÚA!!!

SE ACONTECERA UNHA DESGRAZA QUEN SERÍA O IRRESPONSABLE???



Infogauda / A Guarda
Un lector deste xornal dixital vén de remesarnos as imaxes que lles amosamos e que corresponden o domingo día 6 de xuño de 2010. As fotografías foron feitas poucos minutos despois de haber pasado a procesión do Santísimo, na que como era de agardar, algúns laicistas de novo cuño non se privaron de figuraren. Alá eles.
Como xa aconteceu en edicións precedentes, os picariños botáronse a rúa, para xogaren cos materiais que habían configurado os tapices frorais, namentras os seus maiores faguíanlles fotografías. Probablemente, todos eles - pequenos e adultos - actuaban no divertimento, na confianza de que o tráfego estaba cortado nas rúas adxacentes. Nada diso!!! O tráfego non estaba cortado, e os automóveis circulaban - con prudenza, eso sí - por onde os conductores coidaron oportuno, cecais botando mán daquela frase que dí: Non pasa nada!!!
E se chegara a acontecer unha desgraza??? Quén sería o irresponsable???
OS VOSOS COMENTARIOS:
MOSQUITO CAPÓN dixo:
Unha máis do sr. concelleiro de tráfico... E van....
Anónimo dixo:
E que ese dominjo o Sr. Conselleiro de Tráfico estaba tan emocionado con ir na procesión que se lle olvidou de revisar o dispositivo de circulación pra ese evento, e como o Xefe da Policía Local tamén iba na procesión pois os Policías Locais de turno non teñen capacidade de discurrir e moito menos de traballar sin recibir órdenes. A sua cabeza non está preparada pra calquer situación especial. Iso é o que temos ... Non lle pidáis peras ao Olmo.
Anónimo dixo:
O Concelleiro de Tráfico non diseñou ningún plan para o día da procesión, porque o día anterior non estivo no "pote" e non recibiu instruccións do séu irmán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario