9 de xuño de 2010

A GUARDA

9 DEPORTISTAS DO CLUB SAN XEROME, PARTICIPARÁN NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS REPRESENTANDO A GALICIA


Na fotografía os deportistas e adestrador do Club San Xerome, que representarán a Galicia no Campionato de seleccións autonómicas, antes de coller o autobús que os traslada a Cádiz.
José Carlos González Blanco / A Guarda
Estes 9 deportistas xunto co resto dos seleccionados galegos desplazaranse ata San Fernando (Cádiz), para participar esta fin de semán no Campionato de España de seleccións autonómicas, organizado pola Federación española de deporte para persoas con discapacidade intelectual. (FEDDI).
Participarán 14 autonomías cun total de 471 deportistas, 40 deles representando a Galicia.
O atleta Javier Portela (O Rosal), participará nas probas de 5.000 e 10.000 m.
Bruno Estévez (Tui), David Barbosa (Tomiño) e Pablo Martínez (A Guarda), formarán parte da Selección galega de fútbol sala.
Maite Barros (Goián), Maite Santos (Tomiño), María García (O Rosal), Amparo Ferreira e Rosalía González (A Guarda) competirán coa Selección galega de baloncesto.
A representación guardesa completase coa participación do adestrador do noso Club, David Parada Fernández, que será en Cádiz o adestrador da Selección galega de baloncesto feminino.

Ningún comentario:

Publicar un comentario