4 de abr. de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA AFIRMA QUE "O CONCELLEIRO DE TRÁFICO NON SE ENTEIRA"

O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O responsable de tráfico non se enteira porque anda pouco polo pobo, suponhemos que traballa moito no seu “despacho do Concello”.
Dende Esquerda Unida decimos que na R/ do Porto fronte o nº 2 ata o nº 14 diariamente estacionan turismos no carril esquerdo o que dificulta o acceso ata o porto e na súa entrada créase un funil. A parte de isto a raia central que separa a rúa non se ve.
¿Quen é responsable do tráfico no porto Guardés, Concello ou Portos de Galicia?

DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:

Que se pinte a raia central na R/do Porto e pasos peatonais.
Que a policía local regule o tráfico, e súa presenza se faga notar.

A Guarda a 04/04/2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario