Camposancos incrementa seu patrimonio arquitectónico coa construcción dunha cabana castrexa
• Realizada por dous veciños da parroquia
José Fernando Martínez Martínez / Camposancos
No eirado da Casa da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos, dous compañeiros de xunta reitora decidiron construir unha vivenda castrexa, en pedra e teito de palla, para lembrar que xa os prerromanos habitaron Camposancos. E boa mostra diso son os picos camposanquienses, ferramentas líticas - realizadas en cuarcita - que cronoloxicamente sitúanse no Mesolítico, cun período de desenvolvemento que vai desde o 8.000 a.C. ata o 3.000 a.C., coincidindo co apoxeo das sociedades de cazadores-recolectores costeiros. Esta etapa sitúase entre o Paleolítico e o Neolítico.
Os autores da vivenda castrexa son: Eduardo Alonso Rodríguez "Chiño", canteiro e teitador; e Mario Baró Pereira, axudante.
Ambos os dous dedicaron moitas horas a execución do proxecto, e a falta de pequenos detalles, xa remataron.

Ningún comentario:
Publicar un comentario