ATLETISMO
Christian Sierpes Pereira consegue a prata en Atapuerca
• No Campionato de España de Clubs de campo a través, co Vicky Foods Athletics
Redacción Deportes / A Guarda
Esta pasada fin de semana a serra burgalesa, onde se atopa o Centro de Arqueoloxía Experimental (CAREX) de Atapuerca, foi o epicentro para reunir as dúas probas máis importantes do calendario nacional de cros, concretamente a XXI edición do Cros Internacional de Atapuerca e o Campionato de España de Clubs de Cros 2025.
Ata alí desprazáronse os irmáns Sierpes Pereira para defender a elástica de Isaac Viciosa. O máis rechamante foi que Álex foi convocado para subir de categoría, deixando atrás a súa actual categoría sub18 co obxectivo de axudar ao equipo sub20 no cómputo total de puntos. Pero finalmente pouco puido facer, xa que se retirou antes de completar a primeira volta por lesión. En cambio, sí destacou a boa actuación de Christian Sierpes, asumindo a responsabilidade e o compromiso tras a retirada do seu irmán, sendo peza crave para axudar á escuadra e pechando a puntuación do conxunto para conseguir o billete para a próxima cita continental de clubs.
Dese xeito, o equipo valisoletano sub20 masculino, onde os irmáns Álex e Christian Sierpes Pereira defenden as cores do Vicky Foods Athletics, logra o subcampionato de España de clubs de campo a través.
Ademais, a aposta do cadro de persoal técnico formado por Kuma Samuel Barrios, Soufien Isam Ibaiti, Keno García Rodríguez, Christian Sierpes Pereira, Rubén Rodríguez García e Álex Sierpes Pereira (DNS) obtén o billete para o próximo europeo de clubs.
Moitas felicidades a todo o equipo, e moitas felicidades a Christian. Desexamos para Álex unha pronta recuperación, quedando á espera da decisión sobre se finalmente o conxunto decide convocalos para representar ao Vicky Foods Athletics na cita europea.

Ningún comentario:
Publicar un comentario