3 de abr. de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA PRESENTOU UNHA MOCIÓN NO CONCELLO DA GUARDA A PROL DAS TRABALLADORAS DO SECTOR DOMÉSTICO

O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Recentemente celebrouse o día da muller traballadora e dende Esquerda Unida décimos quen o sector doméstico en Espanha segue a escravitude das mulleres. En Espanha temos un total de 761.000 persoas (67.500 homes e 693.500 mulleres) que traballan no emprego doméstico. Do total só 300.134 están afiliadas a Seguridade Social, polo tanto o resto non tenhen posibilidade de acadar prestacións, nin ter rexistro de contrato no servizo público de emprego.
En Espanha a maioría das persoas que traballan no sector doméstico son: Ecuador - Romanía – Colombia – Bolivia – Marruecos e Perú. Achéganse a Espanha ca intención de encontrar un traballo mais digno que nos seus países de orixe.
O actual sistema de regulación (REEH) fomenta o emprego precario, caciquil, (Santos inocentes) isto é polo abuso dos presuntos empresarios, porque as mulleres e homes, encóntranse en posicións de desventaxa.
Dende Esquerda Unida queremos que as mulleres e homes, traballadores do servizo doméstico te fagas visible, queremos que te fagas notar.

DENDE ESQUERDA UNIDA PROPOMOS:
Equiparación inmediata do Réxime Especial do emprego do fogar ao Rexímen Xeral.
Que os dereitos laborais cheguen a tódalas mulleres traballadoras ao marxe da súa condición migratoria, e valoración do traballo domestico.
Igualdade das condicións laborais e de protección social ao resto de sectores.
Fin da vulnerabilidade derivada do cruce do REEH e a normativa de estranxeiría.
Que o Concello de traslado a Xunta de Galicia, así como ao Presidente do Goberno estas propostas.

POLOS DEREITOS DAS TRABALLADORAS SEN PAPEIS.
DEREITOS DAS MULLERES E HOMES NO EMPREGO DOMÉSTICO.

A Guarda a 03/04/2010

Ningún comentario:

Publicar un comentario