FÚTBOL
1ª Autonómica Grupo 6
O Sporting Guardés recibirá ao F.C. Progresista
• Este domingo, 23 de novembro, ás 16:30 horas, no Campo Municipal da Sangriña
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Logo dos dous reveses (1-3, e 3-0) consecutivos, rexistrados nas xornadas 10ª e 11ª, no seu feudo, fronte ao C.C.D. Chaín, e na visita, o pasado día 16, ao Rápido de Bouzas, respectivamente; o Sporting Guardés recibirá este domingo, 23 de novembro, ás 16:30 horas, no Campo Municipal A Sangriña, ao C.F. Progresista.
O equipo visitante atópase, a día de hoxe, no posto 5º da táboa clasificatoria, con 21 puntos. E o Sporting Guardés, no posto 7º, con 20 puntos. Eses datos indican que neste momento a diferencia entre un e outro conxunto é mínima.
Dese xeito, todo parece indicar que o encontro desta tarde debera ser un revulsivo para o Sporting Guardés cuxos xogadores teñen o deber de ofrecerlle aos seus seareiros unha versión máis positiva que a ofrecida nas dúas xornadas ligueiras precedentes.
Por iso, unha vez máis, instamos aos afeccionados a acudiren as bancadas da Sangriña para animar aos integrantes do equipo e motivalos a xogar como eles saben, e facelo de xeito produtivo.
Ben é certo que o C.F. Progresista non virá a darse un paseo pola nosa vila, e precisamente por iso os de Antonio Rodríguez (Toñete), teñen un reto ineludible: loitar pola vitoria.

Ningún comentario:
Publicar un comentario