4 de abr. de 2010

GALICIA

Rosa Quintana destaca a importancia do rol feminino na promoción da actividade pesqueira en Galicia



Rosa Quintana na Festa da Ostra de Arcade

Infogauda / Galicia

Ler máis.

A Xunta inxecta 3 millóns e medio de euros para atender 250 solicitudes de libranzas de servizos para persoas dependentes
A libranza vinculada ao servizo facilita por medio dunha achega económica o acceso a un servizo privado (residencial, diúrno ou axuda no fogar) cando non é posible ser prestado mediante a rede de centros e programas públicos, concertados e conveniados da Comunidade Autónoma de Galicia.
Algunhas das peticións vinculadas a esta axuda están pendentes desde o ano 2007, etapa na que non se concedían.

Ler máis.

A web de Meteogalicia permite consultar en tempo real a situación meteorolóxica das setes rutas do Camiño de Santiago
Os cidadáns que están a facer o Camiño de Santiago poderán consultar os valores de temperatura e a sensación térmica.
Na web de MeteoGalicia habilitouse una portal dedicado as novas actividades en formación meteorolóxica coa posibilidade de descargarse arquivos con recursos educativos.
O pasado 23 de marzo, xornada na que se conmemorou o Día de Meteorolóxico Mundial, MeteoGalicia celebraba o seu décimo aniversario, converténdose nun referente da meteoroloxía.

Ler máis.

Cultura e Turismo destinará 300.000 euros aos concellos de Galicia con menos de 50.000 habitantes para a realización de actividades culturais en 2010
Valoraranse as programacións de artes escénicas e musicais, de fomento do libro e a lectura, con especial incidencia na xuventude e na infancia e as que contribúan á conciencia e á loita contra a violencia de xénero.
O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura asegura que esta liña de axudas incide no obxectivo do programa de circuítos culturais ‘Galicia móvese’, que pretende “achegar a nosa cultura a todos os concellos, sen establecer un límite mínimo de 3.000 habitantes como viña sucedendo ata o de agora”.

Ler máis.

A Agadic apoia con 200.000 euros a produción de curtametraxes e de videoclips a través do Programa de Axudas ao Audiovisual
Trátase da primeira convocatoria do total de seis que conformarán este ano a liña de subvencións ao sector por un importe total de 7,1 millóns de euros.

Poderán presentarse curtas de ficción, documental ou animación gravadas en soporte cinematográfico, así como traballos innovadores ou experimentais en soporte dixital.

Ler máis.


Ningún comentario:

Publicar un comentario