URUGUAY E OURENSE ESTREITAN LAZOS PARA APOIAR A EMIGRANTES E INMIGRANTES
Infogauda / Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recibiu hoxe en audiencia á cónsul xeral de Uruguay en Galicia, Marta Echarte Baraibar, quen visitou a cidade de Ourense para trasladar o agradecemento de Uruguay ao traballo que durante décadas realizaron os galegos no país sudamericano “contribuíndo ao desenvolvemento social e económico de Uruguay”, explicou Marta Echarte.
A visita da diplomática uruguaya ten como obxectivo estreitar os lazos de colaboración entre Uruguay e Ourense en apoio aos emigrantes galegos e aos inmigrantes uruguayos que na actualidade residen na provincia de Ourense. En total son 120 familias de Uruguay as que residente na provincia de Ourense, das cales, 41 viven na capital ourensá. No ámbito de Galicia son 8.500 uruguayos os viven na nosa comunidade, mentres que na xurisdicción que abrangue o Consulado Xeral de Uruguay que dirixe Marta Echarte (Galicia, Asturias, Cantabria e País Vascos) son 14.000 os uruguayos inmigrantes.O presidente provincial agradeceu a visita da diplomática e dixo que os nosos emigrantes contribuíron “a facer dous países, o deles e aquel que os acolleu. Moitas das grandes empresas establecidas en Uruguay foron creadas por galegos, que traballan en sectores como o transporte, os servizos ou a alimentación, algo que nos honra pero do que tamén temos que sentirnos agradecidos polo recibimento que lles deron en Uruguay”, afirmou José Luis Baltar.O presidente da Deputación dixo que nesta visita da cónsul “queremos agradecer simbólicamente, pero con fondo aprecio, o cariño con que os ourensáns foron acollidos no seu país”, e convidou a Marta Echarte a percorrer a cidade de Ourense e coñecer os lugares onde residiron moitos dos homes e mulleres que un día emigraron e labraron o se futuro e o dos seus fillos e netos en Uruguay”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario