23 de mar. de 2010

O ROSAL

FESTIVAL DE MÚSICA E POESÍA NO AUDITORIO MUNICIPAL DO ROSAL
Rosario Tabales Perozo, concelleira de Cultura
Informa (Textos e fotografías): Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal

O domingo 21 de marzo -e organizado pola concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo- tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal un novo Festival con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía.

Grupo Kla-son
Neste acto, presentado pola propia edil, interviron as poetisas Emilia Pérez Rosende, Estrella Velasco "Elfa" e Oliva María Pereira González, da Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño.

Estrella Velasco (Elfa)
Así mesmo recitaron poemas o xuíz de Paz do Rosal, Cástor Rodríguez González e María Jesús Videira, que leu unha poesía da autoría de Mª Luisa Juanas Pastor, sumándose no tramo final Lola Taboada, voluntaria entre o público, de Vigo, que tamén leu unha poesía.
Oliva María Pereira

María Jesús Videira


Estas composicións poéticas tiveron como temática central a Muller, o Día Mundial da Auga (22 de marzo) e tamén os encantos e costumes da vila do Rosal.

Cástor Rodríguez González

A música deste evento correu a cargo dos grupos Kla-son (dirixido por Begoña Domínguez Cerqueira) e Lirolai, da Agrupación Musical do Rosal.

Grupo Lirolai
Premer eiquí para acceder á galería de imaxes de Juan Ramón Martínez Barbosa

Ningún comentario:

Publicar un comentario