23 de mar. de 2010

OURENSE




RECITAL POETICO E MUSICAL DE “PALABRA VIVA”

Infogauda / Ourense


O grupo “Palabra Viva” ofrecerá mañá, mércores, día 24 de marzo, a partires das 20:15 horas, un recital poético e musical no Centro Cultural da Deputación coma homenaxe á poetisa Angela Figuera Aymerich.
Nesta nova oferta cultural de Palabra Viva, co mecenazgo da Deputación, recitarán poemas Marisa Calvo, Fernando Gabelo e Milucha Rodríguez.
O acto estará presentado por Carlos García-Manzano con textos de Víctor Campio Pereira.Como complemento, os asistentes poderán disfrutar tamén dun apartado musical a cargo da soprano Clara Jensen, con Angel Losada como pianista.
O acceso a esta actividade cultural é libre e gratuita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario