23 de mar. de 2010

OURENSE




A PAIXÓN DE CRISTO EN MINIATURA

Infogauda / Ourense


“A paixón de Jesucristo en miniatura” é o título dunha exposición que se inaugura mañá, mércores, día 24 de marzo, ás 19:30 horas no Centro Cultural da Deputación.
Esta mostra recolle os 15 pasos que conforman a paixón de cristo e que foron realizados en miniatura polo artesán e cofrade Francisco Mayorga. A entrada en Xerusalén o rezo no monte dos olivos ou a crucifixión aparecen recollidos nesta mostra que o Centro Cultural da Deputación ofrece de maneira especial para esta Semana Santa.
A exposición complétase cun programa divulgativo con textos do crego e investigador Enrique Bande Rodríguez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario