O presidente da Xunta e o ministro de Educación formalizan o acordo para dotar de ordenadores portátiles aos escolares galegos

Autor: Xoán Crespo
Infogauda / Galicia
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo hoxe un encontro co ministro de Educación e Ciencia, Ángel Gabilondo, con quen formalizou un convenio para o cofinanciamento do programa Educación 2.0, que dotará de ordenadores portátiles aos escolares galegos.
Roberto Varela reivindica na celebración do Día Mundial da Poesía o seu “gran valor para a cultura de cada pobo"
Autor: Xoán Crespo
No acto celebrado este serán no Centro Social Caixanova, o conselleiro de Cultura e Turismo definiu aos poetas como os verdadeiros protagonistas e describiunos como “persoas claves en calquera sociedade e en calquera tempo”.
Galicia avanzou ata o “total cumprimento” da norma nos seus zoolóxicos, segundo a Comisión Estatal de Patrimonio natural
Así llo comunicaron aos representantes da Xunta nesta Comisión os responsables do Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
Na xuntanza, á que asistiron os directores xerais de Montes e Conservación da Natureza, abordáronse ademais diferentes cuestións relacionadas coa coordinación na loita contra os incendios forestais ou a protección de especies.

Traballo prevé xerar preto de 5.000 contratacións de persoas de difícil inserción laboral entre 2010 e 2013
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ofreceu hoxe unha conferencia no Rotary Club da Coruña.
A titular do departamento autonómico lembrou que o Plan de Emprego Autonómico, que se está a debater no seno do diálogo social, inclúe un proxecto específico para as persoas con discapacidade e en risco de exclusión.

A Xunta convocará unha orde de axudas para financiar o funcionamento das federacións de veciños

Traballo convoca o certame “Cooperativismo no ensino” co fin de promover esta fórmula empresarial entre a mocidade galega
O Consello Galego de Cooperativas outorgará premios aos gañadores por contías que van desde os 2.700 euros ata os 6.000.
A iniciativa fomentará que os centros de ensino desenvolvan actividades relacionadas co cooperativismo, polas que tamén recibirán unha compensación económica de ata 2.000 euros.
A colección ‘As letras das mulleres’ presentou a edición galega de “A idade da inocencia”, de Edith Wharton
O Servizo Galego de Igualdade e a editora Sotelo Blanco son as artífices desta colección.
Edith Wharton realizou en dúas ocasións o Camiño de Santiago e sobre as súas experiencias escribiu un texto no que está traballando Patricia Fra e que será editado pola Secretaría Xeral da Igualdade.
Edith Wharton realizou en dúas ocasións o Camiño de Santiago e sobre as súas experiencias escribiu un texto no que está traballando Patricia Fra e que será editado pola Secretaría Xeral da Igualdade.
A escritora estadounidense tiña que formar parte desta colección tanto pola súa vinculación con Galicia como pola reivindicación que fixo ao longo da súa vida, e no seu traballo como escritora, dunha maior liberdade e independencia para as mulleres.
Ler máis.
Roberto Varela define o Xacobeo como un “proxecto colectivo, que nace da ilusión e o traballo de todos, e debe reverterse no conxunto da sociedade galega”
Roberto Varela define o Xacobeo como un “proxecto colectivo, que nace da ilusión e o traballo de todos, e debe reverterse no conxunto da sociedade galega”
Autora: Conchi Paz
Na presentación do acordo de colaboración entre a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e o BBVA, con motivo da celebración do Xacobeo 2010, o conselleiro de Cultura e Turismo reivindicou o “potencial repercusión do Xacobeo na economía galega, unha repercusión a curto e medio prazo”.
Pola súa banda, o director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, afirmou que a colaboración co BBVA supón “un patrocinio innovador que ten o Camiño de Santiago como eixo principal e que, ao mesmo tempo, pensa no beneficio da sociedade galega e no do peregrino que ten como meta Compostela”.

A Xunta amplía aos subsectores de aloxamentos e servizos de restauración a introdución e certificación en calidade turística
Héctor Cañete, presidente de CEHOSGA, Carmen Pita, directora-xerente de Turgalicia, e Delfín Fidalgo, presidente da Asociación Galega de Cámpings
Turgalicia prestará apoio económico e asesoramento técnico para que estes colectivos entren no Sistema de Calidade Turística Española.
Ler máis.
Xacobeo 2010 estende o seu Camiño da Música ata Francia coa xira de Carlos Núñez
O gaiteiro galego ofrecerá un total de once concertos en diversas localidades galas, entre as que se atopa París, onde estará o vindeiro martes 23 de marzo.
“Alborada do Brasil”, o seu último traballo, que tende pontes entre a cultura celta e a brasileira e que está a recibir excelentes críticas por parte dos medios de comunicación franceses, centrará os recitais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario