23 de mar. de 2010

GALICIA

O conselleiro de Medio Ambiente reitera a súa petición ao Estado do traspaso das transferencias en meteoroloxía, na celebración do X aniversario de Meteogalicia

· O conselleiro Hernández participou nos actos de celebración do Día Meteorolóxico Mundial
Autora: Conchi Paz
Infogauda / Galicia
Hernández explicou que, no ano 2009, MeteoGalicia emitiu 106 avisos por adverso meteorolóxico, grazas ás que se logrou evitar riscos e manter informada á poboación.
Hernández sinalou que, nos 10 anos de funcionamento de MeteoGalicia, este servizo ten evolucionado e mellorado a súa capacidade preditiva e de observación do clima.
O responsable de Medio Ambiente da Xunta destaca o interese do seu departamento por achegar a metereoloxía aos cidadáns e citou como exemplo o proxecto educativo escola ‘Climántica’ ou o programa Sostendo, dirixidos aos concellos e a poboación en xeral.
Durante o acto de celebración do Día Meteorolóxico Mundial presentáronse novas aportacións para a web de MeteoGalicia.
Salienta o labor educativo de MeteoGalicia a través das visitas de estudantes e profesores as súas instalacións e da realización de obradoiros para eles.
Avoga por impulsar unha nova formación en meteoroloxía e climatoloxía dende unha perspectiva científica.

A Xunta porá en marcha todas as accións necesarias para evitar que se repitan feitos que só fan dano ao deporte
O secretario xeral para o Deporte cualifica de “absolutamente intolerable” a violencia no deporte.
“Non escatimaremos ningún esforzo para erradicar estas condutas da práctica deportiva”, manifesta José Ramón Lete Lasa.
Membros da Secretaria Xeral para o Deporte falaron esta tarde co xogador do Beluso agredido o pasado domingo.

Ler máis.

O conselleiro de Cultura e Turismo compareceu hoxe no Parlamento de Galicia, a petición propia, para informar sobre as liñas básicas de actuación en referencia a declaración do ano 2010 como Ano do Libro e da Lectura de Galicia


Roberto Varela anima a “coñecer máis e mellor a extraordinaria riqueza das nosas letras” no Ano do Libro e da Lectura.
Roberto Varela afirmou que “a consagración do 2010 ao libro e á lectura porá ao alcance dos visitantes que acudan ao Ano Santo Xacobeo a oportunidade de coñecer máis e mellor a extraordinaria riqueza das nosas letras e o dinamismo e as manifestacións máis vangardistas das nosas industrias culturais”.
O conselleiro reivindicou o papel da cultura como “instrumento de reequilibrio territorial entre o medio rural e urbano, e moi especialmente no Ano do Libro e da Lectura”.
A reunión de coordinación en materia de violencia de Xénero entre todos os axentes implicados en Galicia terá carácter periódico
A Xunta cualifica a coordinación entre os axentes implicados no proceso de violencia de xénero de positiva, leal e eficaz.
A secretaria xeral da igualdade presentou a fiscalía e as forzas e corpos de seguridade o informe sobre violencia de xénero en Galicia en 2009 e calificou o encontro de “frutífero e produtivo”.
Marta González resaltou que a maior coordinación reforzará a prevención da violencia de xénero, e particularmente a atención as mulleres vítimas, que é o fundamental.
Hernández asegura que coa modificación da Lei do Solo os espazos naturais seguirán mantendo a máxima protección establecida na lexislación comunitaria, estatal e galega
O conselleiro de Medio Ambiente manifesta que o actual Goberno non será quen baixe o nivel de protección das zonas a protexer nin quen anule “por motivos políticos” proxectos que conta con todos os informes favorables.
Preguntouse qué pasou para que un si dos socialistas ao texto pactado o día 16 de marzo, se convertera ao día seguinte nun “imos analizalo”, despois nun “o pensaremos” e por último nunha abstención, especialmente porque “o texto pactado non foi modificado en ningún momento”.
O responsable de Medio Ambiente destaca que ao longo da tramitación desta modificación houbo unha “constante presenza de palabra de pacto”, porque “só deste xeito ninguén perdería e gañaría Galicia.
Agradeceu o traballo feito polos grupos políticos e recordou que se aceptou o 73% das emendas presentadas a este proxecto de Lei polo Grupo Parlamentario Socialista.
Salienta que a acción do Goberno caracterizarase por protexer, mellorar e ordenar o territorio de Galicia coas máximas garantías.
O DOG publica unha orde da Xunta pola que se convocan bolsas de formación para profesionais agrarios
O prazo de presentación das solicitudes rematará o vindeiro 23 de abril As bolsas de formación e prácticas serán impartidas entre os meses de xuño e novembro, cunha contía que oscila entre os 600 e os 1.000 euros.
A Casa de Galicia en Madrid acolleu unha conferencia sobre os camiños portugueses de peregrinación a Compostela
· Juan Manuel lópez-Chaves Meléndez e o coordinador de Actividades Culturais da Xunta en Madrid, Ramón Jiménez
Foto: Casa de Galicia en Madrid
O relatorio correu a cargo do Presidente de Honra de "Os Amigos dos Pazos", Juan Manuel López-Chaves Meléndez.
Ler máis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario