15 de dec. de 2009

OURENSE

XORNADA INFORMATIVA SOBRE A IMPLANTACIÓN DA BANDA ANCHA NOS CONCELLOS DE OURENSE


A Deputación de Ourense celebrou hoxe unha xornada informativa sobre a implantación da Banda Ancha nos concellos de Ourense, á que asistiron o presidente da institución provincial, José Luis Baltar, alcaldes, técnicos e representantes dos municipios da provincia.

Infogauda / Ourense
O obxectivo do encontro era que a empresa adxudicataria, Iberbanda, explicase o proceso de implantación da Rede de Banda Ancha Wimax e resolvese as posibles dúbidas que existan sobre este novidoso sistema de telecomunicacións, que a Deputación de Ourense desenvolve no marco dos proxectos europeos Terras do Avia, Delorur e Arraiano, cofinanciados polo FEDER.José Luis Baltar dixo que o compromiso da empresa adxudicataria é que en agosto de 2010 un total de 51 concellos de Ourense dispoñan xa de Banda Ancha, e que os restantes 41 concellos poidan beneficiarse dela no segundo semestre do 2010 o ben ao longo de 2011.Iberbanda foi adxudicataria do contrato de concesión de obra pública para a implantación e explotación dunha rede de banda ancha no marco dos proxectos “Terras do Avia”, “Delorur” e “Arraiano”, financiados mediante axudas Feder para desenvolvemento local e urbano.No marco destes proxectos, a Deputación de Ourense expón a implantación dunha Rede de Acceso a Banda Ancha, que engloba 51 municipios que comprenden un total de 1.540 núcleos de poboación e en cuxa financiamento participará cunha achega de 2,455 millóns de euros.Iberbanda desenvolverá un Plan de despregamento de rede que mellora os tempos de implantación e as porcentaxes de cobertura solicitados pola Deputación de Ourense, establecendo este en tres fases:Fase 1: Cobertura superior ao 37% da poboación ofertada en maio de 2010 (43.152 persoas).Fase 2: Cobertura superior ao 83% da poboación ofertada en xullo de 2010 (95.139 persoas).Fase 3: Cobertura do 100% da poboación ofertada en setembro de 2010 (113.386 persoas).Instalaranse 40 estacións base WiMAX-e, 43 radioenlaces punto a punto e 15 emprazamentos de nova construción. En palabras de Carlos de Castro, director de Estratexia Comercial de Iberbanda, “é para nós un paso importante poder participar no despregamento da rede WiMAX de última xeración e, tamén o é, acceder á comunidade autónoma de Galicia con este proxecto que, sen dúbida, obríganos a paliar, no seu termo amplo, a denominada “fenda dixital”, así como a mellorar consistentemente o acceso da cidadanía á sociedade da información”.A tecnoloxía escollida para a rede de acceso é WiMAX-e, conforme ao estándar IEEE 802.16-2005, na banda licenciada de 3,5 GHz., proporcionando un servizo básico de acceso a Internet de 2 Mbps que se poderá contratar nun pack xunto con telefonía fixa a prezos moi competitivos.WiMAX-e é a evolución da anterior tecnoloxía WiMAX-d, incorporando funcionalidades de mobilidade e técnicas de diversidade RF e beamforming (utilización de antenas múltiples en terminais e estacións basee). Así mesmo, a banda licenciada de 3,5 GHz proporciona protección fronte a interferencias, menores perdas de propagación que a banda libre de 5 GHz, e ausencia de limitacións á potencia emitida, permitindo despregamentos adecuados para a contorna rural.En definitiva, estes servizos con prestacións avanzadas dortarán de conectividade a amplas zonas da provincia de Ourense, onde non existe outro tipo de infraestrutura de banda ancha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario