CASOS
Se volto, ¡mátome!
Menores en centros de protección terapéuticos

Amnistía Internacional Galicia
Medicación forzada e falta de consentimento.
Aránzazu Celdrán. 19 anos.
Ós 18 meses foi entregada pola súa avoa a un centro de acollida en Granada. Os seus pais, con problemas de adicións, xa non podían facerse cargo dela. Ós 6 anos, a súa avoa levouna a Cataluña onde continúa o periplo de centros. Ós 16 anos, e trala fuxida do centro terapéutico Can Rubió, Aránzazu contou a Amnistía Internacional que os Mossos de Escuadra apareceron na súa casa, tiraron a porta abaixo e levárona á Fiscalía, onde sen informala ou preguntarlle os motivos da súa fuxida, metérona nunha furgoneta e levárona ó centro terapéutico de Font Fregona en Barcelona. Describiu á organización que ó chegar viu como ataban a un neno “con cinta de embalaxe a una cadeira de plástico no patio”. Déronlle un vaso con medicación triturada, enseguida quedou inconsciente. Non recordaba máis dese primeiro día.
“Trátante coma un tolo, toléante coas súas normas, non tes nunca intimidade, non podes pensar, todo está prohibido e se non, invéntano e o prohiben para ti. Vixíante na ducha, dante a cantidade de papel de váter establecida para cada necesidade e vixíante mentres controlan o tempo pactado que podes estar no baño sen portas, ou o tempo e toques de auga para lavar a cabeza, para ducharte, non podes nin poñer un tampax sen que estean a vixiarte”. En numerosas ocasións foi atada e amordazada nunha cadeira como castigo, “se protestaba, pinchábante algo que che deixaba boba. Pasabas alí horas, facíaste todo por riba, non sabes quen es, perdes a cabeza. Ás veces é mellor non resistirse porque pódente atar entre oito persoas e fante máis dano”.
En todo o tempo que Aránzazu estivo nos centros, relatou a Amnistía Internacional que só viu tres veces ó seu responsable técnico, a última cando xa ía a cumprir os 18 anos: “nunca me sentín escoitada, consultada nin informada”.
O círculo da exclusión.
Sara Casas Hernández. 25 anos.
Sara tiña 6 anos e os seus irmáns 5 e 10 anos cando foron ingresados por desamparo nun centro de protección en Cataluña. A este centro seguiron varios. Con 9 anos, a súa nai trasladouse a Sevilla e sacou ós seus tres fillos dos centros. A Generalitat de Cataluña, que tiña a tutela de Sara e dos seus irmáns, ó parecer, non o impediu. Transcorridos varios meses en Sevilla, a policía retirounos da casa da nai, e os internou de novo nun centro de protección.
Sara recorda ter pasado, polo menos, por catro centros en Andalucía ata que tivo un enfrontamento cun educador, porque quería ver á súa nai o día do seu aniversario. Ese día espertou xa nunha ambulancia, sen máis explicacións, e ingresou no centro de protección terapéutico Dulce Nombre de María en Málaga. Sara tiña entón 15 anos. Contou a Amnistía Internacional que foi sometida a medicación forzada e constante sen consentimento, que nunca soubo o seu diagnóstico, que pasou días atada e asolada: “No centro pasei días atada a unha cadeira, con mordaza; sen ela caíaseme a baba. Tiña o colo dobrado e a cabeza caída. Tamén estiven na cela de illamento atada á cama onde ademais pinchábanme e pasaba polo menos 3 días cos ollos virados”.
Cando cumpriu 18 anos, o persoal do centro chamou á súa nai para que a levara, saíu nunha cadeira de rodas, non podía ni moverse polos efectos de la medicación. Actualmente, Sara revive a súa propia historia cos seus fillos, internos nun centro de atención residencial desde outubro do ano 2006. O seu avogado conta a Amnistía Internacional que Sara veu enfrontándose sen recursos nin coñecemento á administración, que lle reclama que probe á Junta de Andalucía que é unha nai apta. Paradoxalmente, Sara foi educada 12 anos pola mesma administración.
O dereito a ser escoitado.
Fragmentos do texto da denuncia dun menor presentada o 4 de febreiro de 2009 ante o Instituto Madrileño do Menor e da Familia (IMMF) da Comunidade de Madrid.
“Teño 17 anos e levo 14 pasando dun centro a outro. Sei que teño unha técnico, pero nunca a vin…
Marchei do Picón del Jarama porque non aguantaba máis e porque o que pasa dentro no me gusta. Estiven en Picón seis ou sete meses. Pasei 5 meses sen poder saír á rúa, neste tempo só pasei 30 minutos diarios ó aire libre…
Descoñezo por completo a miña situación legal, non sei que xuízos teño pendentes, nin que delito cometín para estar aquí e ninguén me informa por moito que pregunte. Dinme que este é un centro terapéutico, pero os dous primeiros meses só vin 15 minutos a unha suposta psiquiatra (agora dixéronme que non ten título para exercer en España)…
Fixéronme 2 ou 3 contencións (tirarme ó chan e retorcerme os brazos). Non estaba agredindo a ninguén, nin facéndome dano a min mesmo, aínda que si fixera cousas erradas minutos antes…
Metéronme 4 veces nunha cela de illamento que eles chaman “habitación de reflexión”, esta cela ten as paredes espidas e unha cama de goma-espuma, un somier de ferro, un retrete e unha ventá pequena. Non hai ningún elemento de estudo ou ocio ou decoración algunha. Na cela hai uns fosforescentes de luz que o persoal acende ou apaga cando quere. Métente en pixama sen zapatillas e sen calcetíns…
En verán acompañei ó meu compañeiro a denunciar ó centro por varias agresións que sufrira. Eu vira como dous vixilantes golpeárano cun detector de metais na cabeza…
Paso as 24 horas do día con alguén controlando a miña vida. Está prohibido manter conversas privadas entre os internos, non se me permite falar na miña lingua materna, non me deixan falar ou mostrar afecto ós meus compañeiros. Cortáronme as chamadas de teléfono nas que eu buscaba apoio en seres queridos. Escóitanme todas as chamadas que realizo”.
Ata agora non recibiu ningunha resposta do IMMF. Mentres, cumpriu a súa maioría de idade.
A negación do dereito a un avogado.
Menor de 15 anos internado no centro de Benalup en Cádiz.
O menor foi ingresado no centro de protección terapéutico de Benalup en Cádiz en 2008 cando tiña 15 anos para ser tratado por supostos problemas de conduta. O seu ingreso realizouse sobre a base do seguinte diagnóstico: “rabenchas ante frustracións, nestas ocasións berra, tira obxectos e ameaza con matarse, todo con grande intensidade emocional”.
Por falta de camas, contou a Amnistía Internacional, os primeiros 15 días durmiu nunha cela de illamento de dous metros por un metro, alí tamén recibía a comida. “O día do ingreso realizáronme un rexistro que incluía, un rexistro anal por parte dun educador, nunca antes fixéranme iso. No centro os botes de medicamentos amontoábanse na cociña e algunhas chos botaban directamente na comida. En ocasións, despois de beber o cola cao, no me podía nin levantar da cadeira”.
Ós tres meses do seu ingreso, o menor fuxiu, era o día de Nadal. Escribiu unha carta con comentarios suicidas á súa nai na que sinalaba “se volvo, mátome!” onde relataba ter sido sometido a illamentos, constantes humillacións, abusos e vexacións. Esteban (nome ficticio), o pai, non puido visitar ó seu fillo no centro durante estes meses e denegáronlle información sobre o seu estado e evolución. Só a nai, de quen estaba separado, podía realizar as visitas. O avogado do pai afirma que non se conseguiu información da administración sobre o regulamento dos centros durante todo o proceso xudicial iniciado, que tampouco puido visitar ó menor no centro, nin manter unha correspondencia privada con el. Actualmente, o menor vive co seu pai, está san, escolarizado de novo e non toma medicación.
A denuncia para tratar problemas de conduta.
Margarita González denuncia a Amnistía Internacional que nos servizos sociais da Comunidade Foral de Navarra, “convéncena” para que denuncie “esaxerando os feitos” por malos tratos e ameazas ó seu fillo Miguel. Asegúranlle que mediante un proceso penal decretaríase o seu internamento por seis meses no centro de reforma de Ilundain en Navarra, o que permitiría que fose reeducado.
No informe, firmado por un educador, que se presentou á Fiscalía Superior da Comunidade Foral de Navarra, recóllese: “[o menor está] exercendo unha tiranía pura e dura sobre a nai e irmá. É un auténtico tirano, vago e parasito. Leva unha vida licenciosa con desordes no campo da sexualidade. Entra e sae de casa cando quere, esixindo a comida que a el lle gusta.” E conclúe que o previsible rexeitamto do menor a unha medida de internamento, lévaos a estimar preferible o internamento nun centro de reforma, “dado que o mencionado centro garante mellor a súa efectiva execución”.
Dous meses despois de ingresar no centro, o 25 de marzo de 2009, Miguel suicídase, colgándose do cinto, cando se atopaba cumprindo unha sanción incomunicado e illado nunha habitación. No informe policial, unha educadora relata: “... negouse a xogar poñéndose cada vez máis nervioso ó pensar que mañá, día 26 tiña que estar sete días en fase 0, isto é, nunha sala de contención illado do grupo”. O cuarto no que se atopou morto o menor fora pechado con chave por fóra pola educadora, tal e como se recolle no mencionado informe.
Ausencia de información ás familias.
Menor en Picón de Jarama.
A tía deste menor, con custodia administrativa, relatou a Amnistía Internacional como o neno ingresou ós 12 anos no sistema de protección. Durante este tempo pasou por un total de seis centros de acollida, de réxime aberto, terapéuticos e finalmente de reforma na Comunidade de Madrid.
Empezou na Residencia Chamberí, despois, alegándose problemas de conduta, é trasladado a Dianova, onde menores de entre 12 e 16 años sen adiccións conviven con adultos ex toxicómanos. Con 14 anos é trasladado ó albergue Vistalegre, onde os menores deben abandonar o centro ás 9 da mañá e regresar ás 8 da tarde. Despois foi trasladado ó centro terapéutico La Jarosa e xa con 16 anos, entra en Picón del Jarama. A tía deste menor relatou a Amnistía Internacional que, “nada máis entrar, fixéronlle unha contención brutal, puxéronlle unha inxección que o deixou grogui durante 72 horas. E durante esas 72 horas estivo encerrado nunha habitación sen poder saír”. O menor escapou con 17 anos, e despois ingresou nun centro de reforma.
A familia denunciou a Amnistía Internacional que durante anos a administración negouse a informalos, tanto por escrito como en diversas reunións, sobre a saúde do seu sobriño, os seus diagnósticos e evolución, ou os lugares ós que era trasladado.
O informe completo (en castelán) podedes atopalo aquí.

Ningún comentario:
Publicar un comentario