BALTAR ANUNCIA QUE NON REPETIRÁ COMO PRESIDENTE DO PP DE OURENSE

O Presidente da Deputación, José Luis Baltar Pumar, anunciou hoxe nunha masiva rolda de prensa que non presentará candidatura á presidencia provincial do Partido Popular de Ourense, que celebrará congreso o vindeiro día 30 de xaneiro.
Infogauda / Ourense
Baltar Pumar calificou a súa decisión com o “persoal e meditada” e pedíu respeto para a mesma, para dar gracias de seguido a tódolos que ao longos dos último 19 anos levan colaborado con el, unha colaboración que definiu como “leal”.O titular da Deputación definíu á militancia do Partido Popular como “excepcional” e comprometeuse a seguir traballando a prol do partido “dende onde me pidan que o faga”. Dixo que a idade (69 anos) era o elemento que máis marcaba a súa decisión: ”é unha idade na que hai que pensar en deixar paso”.Con esta decisión, Baltar Pumar pon punto e final a un periodo de 19 anos ao fronte do Partido Popular de Ourense, caracterizado por uns resultados electorais que lle deron a victoria en tódalas confrontacións celebradas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario