PAZOLANDIA PREPÁRASE UN ANO MÁIS
O Pazo dos Deportes da Deputación acolle, como cada ano, o maior parque de atraccións de Galicia. Baixo a denominación de Pazolandia, o recinto convértese nun espazo cheo de xogos, atraccións e actividades para os máis novos, baixo a organización e supervisión da institución provincial.
Infogauda / Ourense
Espérase que polo mesmo pasen este ano uns 30.000 nenos da provincia. Deles, 5.000 serán do medio rural e o resto, da capital. Confirmaron a presenza a práctica totalidade dos concellos da provincia. Tamén está prevista a asistencia de nenos en excursións organizadas desde outros concellos galegos como Baiona, Porriño ou Ames. A gran festa dos rapaces empeza o día 26 de decembro e estará aberto ata o día 4 de xaneiro, cun descanso o día 31 e a mañá de ano novo. A actividade desenvólvese en dúas quendas, de mañá ou tarde, con horarios de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 horas. Por un prezo de 3,5 euros, o asistente pode participar en todas as actividades e atraccións de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario