16 de dec. de 2009

OURENSE

AS VÍAS PROVINCIAS RECUPERARON A NORMALIDADE DESPOIS DOS PROBLEMAS DA MAÑÁ



As vías provinciais da Deputación (sobre 1.500 quilómetros) foron recuperando a normalidade ao longo do día, despois dos problemas xurdidos coa neve a primeiras horas da mañá.

Infogauda / Ourense


Así, o día apareceu problemático nas carreteras de comarcas como Celanova, Trives, Castr o Caldelas, Carballiño ou A Limia.A Deputación despregou tódolos seus recursos, compostos por 7 quitaneves con distribuidores de sal, 6 motoniveladoras, un vehículo auxiliar tamén dotado de cuña quitaneves e unha disposición de 1.100 toneladas de sal para distribuir nas vías.Tamén se desplegou o dispositivo establecido oficialmente e aprobado pola institución para casos de fenómenos atmosféricos diversos, que se pode consultar na seguinte dirección:http://infraestruturas.depourense.es/images/stories/pdf/protocolo.pdfA Deputación dispón dun servizo telefónico permanente, no 988230352, para atender calquera incidencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario