A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APOIA CON 270.000 EUROS ÁS COOPERATIVAS AGRÍCOLAS DA PROVINCIA

Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra resolveu hoxe en Xunta de Goberno adxudicar as axudas a cooperativas agrarias da provincia para financiar as melloras nos servizos que estas prestan ós seus socios.
O organismo provincial, consciente da importancia do movemento cooperativista, decidiu investir 270.000 euros para fomentar o desenvolvemento do sector agropecuario da zona. A súa achega destinarase a construcións, equipamentos, maquinaria, instalacións, reparacións en edificios, estudos técnicos, mobiliario, utilización de novas tecnoloxías e enerxías renovables ou calquera outro investimento que sirva para mellorar os servizos que beneficiarios prestan os seus asociados.
Na Estrada, recibiu axudas á sociedade de Gandeiros Estradenses, cun total de 172 adscritos. En Forcarei, percibiron subvención a Cooperativa Agrícola de Forcarei e Servipo, con 137 e 76 socios respectivamente.
En Lalín, foron subvencionadas as cooperativas Campodeza (130 socios), Cobideza (173), Gandeira de Botos (50), Val do Deza (108), Gandeiros do Deza (102 membros) e Xuncoga, cun total de 1000 asociados. Estas subvencións, que no concello ascenden a 121.000 euros se empregaron na compra de maquinaria, obra civil e reforma de infraestruturas. En Silleda, Indega, con 247 socios, recibiu esta axuda provincial.
En Portas, axudouse á cooperativa Viña Almirante, con 76 socios, na mellora das instalacións e equipamento na adega. No concello de Cambados, as beneficiarias destas axudas son as cooperativas Forvi, con 910 socios, e Horsal, con 160.
No Rosal, as beneficiarias destas axudas foron Porta do Río Miño, con 43 numerarios, e Porta do Pilar, con 39. Estas axudas serviron para mercar mobiliario de cerraxería, instalación eléctrica e equipos informáticos.

Por último, en As Neves, Condado Paradanta Sociedade Cooperativa Galea, con 22 socios, foi a beneficiaria da subvención da Deputación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario