¡¡¡VAIA TALANTE, SR. ALCALDE!!!
Cada día que pasa, é unha data máis na que nos demostra o séu “talante democrático”, en que quedou aquel discurso do diálogo ca oposición, claridade, participación ciudadana, transparencia na xestión, e outras verbas que o despois da sair da súa boca, quedou convertido na película “Lo que el viento se llevó”. Aparte de facernos entrega da documentación cada vez máis tarde, nalgún caso as Actas das Xuntas de Goberno Local con máis de TRES (3) MESES de retraso, escritos sen contestar, copias solicitadas que despois de moitas reclamacións, chegan cando cadran, restricción e atrancos no acceso a documentación que entra e sae do Rexistro Municipal, e outras lindezas que nos fan chegar a conclusión de que “calquer tempo pasado foi mellor”.
O acontecido no venres día 11 deste mes no Pleno Extraordinario, é outro dos seus ramalazos, o amonestarme en dúas ocasións e ameazarme con expulsarme do Pleno para impedirme o meu dereito a falar, a opinar sobre un tema, como foi o que aconteceu co caso do PROXECTO DA APERTURA DA RÚA INGUIEROS, que retirou dos asuntos a tratar en Pleno, sen dar explicacións e intentando que lle foran pedidas polos portavoces da oposición.Un asunto que retirou, estando no Orde do Día, e que foi incluído, nunca demostración, que non sei como calificala, se de prepotencia ou de ignorancia, e por riba, non Vde., (según as súas palabras) a culpa, senón quen (cumprindo ca súa obriga de estudar e coñecer os asuntos que van a Pleno e para iso nos elexiron os veciños) foi coñecedor dos erros que tiña e non lle dixeron nada. ¡De risa, se o asunto non fora tan serio!
Quero decirlle que por respeto aos veciños afectados, calei despois da 2ª Advertencia e Ameaza de Expulsión, senón tería que facerme calar e sacarme pola Policía do Salón donde os representantes democráticos dos veciños poden falar e debatir os temas de interés para o pobo. Alomenos iso dí a Lei, ainda que haxa quen confunde maioría absoluta con ABSOLUTISMO. Como é capaz de botarlle a culpa do asunto o Portavoz de INICIATIVA VECIÑAL, e non dí nada de quenes realmente o deixaron seguir e o enganaron. Senón explique como un proxecto que entra no Concello en DECEMBRO/2008, vai a Pleno en DECEMBRO/2009, durante UN ANO esté no Concello sin que ninguén o revise. Vde., Sr. Alcalde, tamén é O CONCELLEIRO DE URBANISMO.
Hai unha cousa ainda moito mais grave, este é un proxecto cuio expediente está completo, ven acompañado e xustificado cos INFORMES TECNICOS E XURÍDICOS FAVORABLES, ou o que é o mesmo, o Xurista, o Técnico Urbanístico e a Secretaria municipais, dixeron que todo estaba ben, que é VÁLIDO e ninguén o LEEU, xa que na primeira páxina de texto deste proxecto, fala sobre OBRAS DE ALCANTARILLADO EN BAIONA. Falando do que había que facer en Bahiña, Belesar e outras zonas dese concello, pero de A GUARDA nin unha sola referencia. Iso era o que Vde., non quería que eu dixera no Pleno.
¡Quen o escoltaría si iso pasase estando Vde., na oposición! ¿Cántos panfletos e notas de prensa emitiría falando dos INÚTILES E INCAPACES DO GOBERNO MUNICIPAL? Aplíquese o mensaxe, tome nota, e cando se “mete a pata” hai que ser humildes, recoñecelo e pedir disculpas.
A Guarda, a 15 de decembro do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz de INICIATIVA VECIÑAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario