O pleno da Guarda insta a Xunta a que implante un Servizo de Radioloxía na Guarda
A moción presentada polo BNG sobre a implantación dun Servizo de Radioloxía do Centro de Saúde da Guarda foi aprobada por unanimidadeInfogauda / A Guarda
O BNG presentou unha moción onde se insta á Xunta e Galiza á que implante un Servizo de Radioloxía no Centro de Saúde da Guarda.
Os nacionalistas puxeron de manifesto a falta de servizos que leva arrastrando o Centro de Saúde que está afectando á calidade de atención sanitaria na localidade. Entre eles, está a inexistencia dun Servizo de Radioloxía, obrigando aos pacientes a desprazarse a Vigo, cos trastornos e gastos que isto xera. A día de hoxe, a única alternativa que existe no concello é acudir á medicina privada, co seu conseguinte gasto económico.
Dende o BNG estase levando unha campaña co obxectivo de conseguir que o Servizo de Radioloxía sexa unha realidade canto antes; así, presentou unha iniciativa no Parlamento galego e unha moción no concello da Guarda na que se insta á Xunta de Galiza á que se implante dito servizo.
A moción presentada polos nacionalistas foi aprobada pola unanimidade dos concelleiros e concelleiras do pleno.
O BNG acredita nunha sanidade pública e de calidade polo que seguirá loitando pola a mellora dos servizos sanitarios na Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario