16 de dec. de 2009

GALICIA

O titular da Xunta presidiu esta tarde en Vigo, a presentación do Catálogo Universal de Laxeiro

· Alberto Núñez Feijóo presidiu a presentación do Catálogo Universal de Laxeiro e visitou a súa Fundación.
Foto: Conchi Paz
Infogauda / Galicia
Feijóo: “A obra de Laxeiro é coma Galicia: sempre recoñecible e, sen embargo, sempre cambiante, en permanente estado de mutación e repensamento”.
Destaca que o pintor “non soamente representa, senón que engrandece, a esencia da nosa terra”Salienta que Laxeiro amosou unha noción “estimulante e integradora” da galeguidade: “esa galeguidade que é capaz de conxugar o verbo propio co verbo universal”.

A Catedral de Santiago acollerá o 23 de decembro a representación do Ordo Prophetarum, unha recreación musical do Pórtico da Gloria
Este drama litúrxico interprétase coas reproducións dos instrumentos do Pórtico da Gloria e nel cobran vida os profetas esculpidos polo mestre Mateo na entrada principal do templo compostelano.
A Consellería de Cultura e Turismo é o principal impulsor deste proxecto a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario