20 de out. de 2009

OURENSE

A DEPUTACIÓN DE OURENSE IMPULSA A ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA NOS CONCELLOS



Todas as entidades locais deberán ofrecer os servizos telemáticos aos cidadáns en xaneiro de 2010, polo que hoxe técnicos da Deputación e dos cocnellos da provincia analizaron no Centro Cultural da Deputación as liñas de traballo a seguir.
Infogauda / Ourense


En pouco máis de dous m eses, xaneiro de 2010, todas as Administracións Públicas, deberán ofrecer aos cidadáns a posibilidade de xestionar electrónicamente as súas consultas, peticións e trámites. Unha complicada tarefa á que se enfrentan as entidades locais de Ourense que, lideradas pola Diputación provincial, están a traballar para chegar a cumprir os prazos legais que marca a lei.Con este obxectivo desenvólvese hoxe no Centro Cultural da Deputación unha xornada informativa sobre as “Iniciativas de modernización tecnolóxica para as entidades locais”, á que asiste un centenar de representantes dos concellos e outras entidades da provincia de Ourense para coordinar entre todos a posta en marcha dos distintos servizos que a partir do 1 de xaneiro terán que prestar aos cidadáns electrónicamente: rexistro, consulta, pago e notificación.O presidente da Deputación, José Luis Baltar, dixo na inauguración da xornada que nos dous últimos anos “a Deputación ten desenvolvido estes servizos y ofréceos de maneira gratuíta aos concellos para que poidan cumprir a lei 11/2007”. Precisamente, esta semana o Goberno de España aprobará os Fondos Estatais de Inversión Local que aportan subvencións ao 100% en proxectos tecnolóxicos e establecen unha contía de 109 euros por habitante. O titular da institución provincial engadiu que dende a Deputación “cremos que estas axudas poden ser moi interesantes para os concellos, e por iso temos establecido distintas liñas de actuación e ofrecémonos para xestionar estas axudas preparando a documentación, presentándoa e xestionando a súa execución, para que ningún concello quede desatendido”.Na reunión participaron os responsables de Informática da Deputación de Ourense e o secretario xeral da institución, Francisco Cacharro, quen afirmou que o que ata o de agora “era unha recomendación [uso das novas tecnolóxicas na administración] pasa a ser un dereito dos cidadáns, e para as administracións é un reto tecnolóxico importante que traerá consigo a reorganización do traballo administrativo e o redeseño dos procedementos de arquivo e xestión documental, para que todo estea automatizado e a disposición dos cidadáns”.Neste senso, a Deputación de Ourense ven de elaborar unha ordenanza que será debatida nas vindeiras comisións informativas, para o seu posterior envío aos concellos da provincia. En dita ordenanza explicarase os pasos a seguir para a adaptación progresiva dos concellos ás novas tecnoloxías de xestión administrativa.Uso dos telecentrosOutro dos proxectos incluídos nesta modernización tecnolóxica contempla o desenvolvemento dun convenio marco para regular o uso dos 88 telecentros existentes na provincia de Ourense, co obxectivo de crear nos mesmos un punto de acceso a outras Administracións Públicas distintas dos concellos, que permita aos cidadáns que non dispoñen de novas tecnoloxías informáticas poder realizar xestións coa axuda do persoal dos telecentros.Asemade, a Deputación de Ourense porá a marcha unha plataforma tecnolóxica que poderán utilizar os concellos para xestionar os expedientes electrónicos e formularios que necesiten. Tamén contempla a institución provincial a posta en funcionamento dunha “ventanilla única” que servirá de punto de información para calquera empresario da Unión Europea que queira instalarse nun concello de Ourense. Este portal permitiralle ao empresario obter toda a información necesaria sobre permisos e trámites que requiren os concellos para a instalación dunha industria ou empresa no seu contorno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario