31 de out. de 2009

A GUARDA

CONTAMINACION PERMANENTE NO RIO MIÑO

Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Dende fai bastante tempo, vimos recibindo denuncias de bastantes veciños, sobre o que está acontecendo a altura da Xunqueira de Salcidos, contemplando como de xeito permanente, se verte ao río tódala basura do alcantarillado, sin que dende o Concello ou dende os propietarios e defensores dese espacio protexido, digan o máis mínimo, e moito menos, tomen as medidas pertinentes a fin de que se proceda a sanear o lugar e arranca-lo problema. Os vertidos xa levan algún tempo, polo que estivemos a espera dos arranxos pertinentes, pero como quen mira chover, sigue destacando a deixadez de quen é responsable de resolver o problema e o silencio complaciente e cómplice de quenes debían ser os primeiros en dar a voz de alarma sobre este foco de contaminación. O cheiro cada vez é mais forte e a terra está absorvendo todo o que alí se chega vista de calquera que pase por alí, no que cada pouco pode contemplar as maravillas da alimentación despois da súa descarga de nutrientes.



Ningún comentario:

Publicar un comentario