31 de out. de 2009

A GUARDA

¿DONDE ESTÁN AS MEDIDAS DE SEGURIDADE?


Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
A poucos metros do Concello, temos un dos ejemplos máis significativos da deixadez e mirar para outro lado que se aplica por quenes mandan. Fai úns días, fixo falla a apertura da intersección das rúas Calvario con Oliva, e a verdade é que a hora de retirarse o persoal, o estado en que deixaron a obra, semellaba máis as imágenes de Irak que outra cousa. Tuberías por tódolos lados, unhas vallas que calquera podía mover e facer unha trastada as persoas e vehículos que por alí pasaban, contenedores colocados como muro de seguridade, ainda que para os veciños significaba máis o muro das lamentacións, ausencia total de sinalización para os que baixaban por Mendez Núñez ou se atopaban de frente o desembocar en Ignacio Sobrino. En resumen, unha desfeita, que pode servir de exemplo, para outras obras públicas que se poden recordar, cando esixen medidas a empresas privadas e veciños. Cando das cousas hai imágenes, as palabras sobran, xa que cunha simple ollada, os veciños poden sacar as súas propias conclusións.




Ningún comentario:

Publicar un comentario