23 de set. de 2009

OURENSE

BALTAR AFIRMA QUE VALENTE FOI “O MÁIS GRANDE ESCRITOR OURENSÁN DE TODOS OS TEMPOS”



Personalidades do ámbito académico, cultural e institucional déronse cita no Teatro Principal de Ourense, no acto inaugural da homenaxe ao “poeta da palabra precisa”.
Infogauda / Ourense
“O máis grande escritor ourensán de todos os tempos”, así cualificou o president e da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, a José Ángel Valente, no acto que hoxe tivo lugar no Teatro Principal de Ourense co que deron comezo as xornadas de exaltación, investigación e homenaxe que se organizan entorno ao denominado “o poeta da palabra precisa”. As actividades que se desenvolverán ata o vindeiro venres, 25 de setembro, se enmarcan dentro do programa “José Ángel Valente, memoria sonora”, para render homenaxe ao noso poeta máis universal na data na que cumpriría 80 anos.O acto inaugural das xornadas contou coa presencia do presidente da Deputación, José Luis Baltar; o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez; o vicerreitor do Campus de Ourense, Juan Francisco Gálvez; a directora do Teatro Principal, Olga Mojón; o director da Cátedra Valente da Universidade de Santiago, Claudio Rodríguez Fer; a viuva do escritor, Coral Valente, e a violista e coordinadora das xornadas, Raquel Rivera.Na súa intervención, José Luis Baltar afirmou que hoxe saldamos “unha débeda que esta cidade e esta provincia tiñan co máis importante escritor que ten dado o noso Ourense na súa historia. Valente formouse como individuo pola nosas rúas, porque aquí naceu e aquí viviu ate a súa adolescencia. Ourense foi, pois, un elemento esencial na configuración da súa personalidade, da súa formación e do seu espírito perfeccionista”.
Baltar lembrou que Valente foi Premio Príncipe de Asturias das Letras, Premio Nacional de Literatura, Premio reina Sofia de Poesía Iberoamericana “e faltoulle tempo para chegar ao Nobel. Foi, en definitiva, o máis grande escritor ourensán de tódolos tempos e, sen embargo, é un gran descoñecido fora dos círculos especializados”.Pola súa banda Claudio Rodríguez Fer dixo que é importante que investigadores e creadores se reúnan ao carón da figura de Valente para estudar a súa obra “porque con este acto hónrase a Ourense ao honrar a Valente”. Neste senso, tamén o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez afirmou que anque Valente “foi intimista e austero ben seguro que entendería esta homenaxe que lle facemos con estas xornadas polo regalo que nos deu da súa palabra”.
As xornadas sobre a figura de Valente consisten en conferencias, mesas redondas, recitais poéticos e concertos que teñen coma obxectivo coñecer máis polo miúdo a figura deste gran poeta ourensán, un dos máis importantes poetas españois do século XX.Trátase de difundir a memoria de José Ángel Valente dende a perspectiva sonora, fundamental na súa obra, combinando poesía e música. Unha homenaxe ao poeta na súa cidade natal, Ourense, composta por unha serie de recitais poéticos e conferencias, por unha banda, e un concerto de música contemporánea, por outra. Por un lado, a celebración dun ciclo de charlas, lecturas e recitais rela¬cionados con poemas especialmente significativos de Valente, se verá en¬riquecida por unha perspectiva máis persoal: a presenza de achegados de Valente dos seus anos de Ourense permitirá realizar un percorrido poético polos lugares da súa vida na cidade.Por outro lado, a homenaxe céntrase na relación de Valente e a música, culminando coa estrea dunha obra escrita “ex profeso” para este aniversario por Mau¬ricio Sotelo, compositor íntimamente ligado a Valente. Deste xeito preténdese realizar un tributo a este poeta fundamental para a modernidade en España, dende Galicia a Andalucía, pero tamén na súa perspectiva europea. Esta homenaxe é posible gracias á colaboración entre institucións galegas, como a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, a Universidade de Vigo (Campus de Ourense) e Universidade de Santiago de Compostela (Cátedra José Ángel Valente).

Ningún comentario:

Publicar un comentario