22 de set. de 2009

O ROSAL

AS ANPAS DO ROSAL DENUNCIAN A FALTA DE PROFESORADO DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Premer na imaxe para poder ler mellor seu contido

ANPAS do CPI Manuel Suárez Marquier e das Escolas Rurais do Rosal (CRA María Zambrano)
O Rosal
As asociacions de nais e pais do CPI Manuel Suárez Marquier e das Escolas Rurais do Rosal (CRA Maria Zambrano) queren dar a coñecer a toda a opinión pública o recorte de profesorado de Audición e Linguaxe que sufren este curso os dous centros de ensino do Concello do Rosal.

Desde fai cinco anos cada un dos centros contaba con unha profesora de Audición e Linguaxe para atender ao alumnado que precisaba deste servizo. Este curso a Consellería de Educación da Xunta de Galicia, decidiu suprimir a praza dunha destas profesoras e será unha única profesora a encargada de atender a máis de 60 nenos/as que necesitan desta atención especializada. A esto compre engadir que no caso do CRA Maria Zambrano, as aulas están repartidas por todo o Concello, co cal haberá muitos/as nenos/as que o precisen que necesariamente van quedar sen a atención adecuada.

De non solucionarse o problema nos próximos días as ANPAS do Concello do Rosal iniciaremos mobilizacións ate que se solucione o conflicto e se dote aos nosos centros do profesorado de Audición e Linguaxe que precisan.
Asdo:Marisol Barceló - Presidenta ANPA Manuel Suárez Marquier
Asdo: Aurora Lomba - Presidenta ANPA Escolas Rurais do Rosal (CRA Maria Zambrano)

Ningún comentario:

Publicar un comentario