23 de set. de 2009

OURENSE

DEPUTACIÓN DE OURENSE E CAMPUS DE OURENSE DA UNIVERSIDADE DE VIGO CREARÁN O OBSERVATORIO SOCIO-ECONÓMICO PROVINCIAL



O xoves, día 24 de setembro, ás 11:30 horas, no Pazo provincial, o Presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar e o Vicerreitor do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Juan Francisco Gálvez, asinarán un convenio de colaboración para a creación do Observatorio Socio-Económico provincial.
Infogauda / Ourense

O Observatorio configurarase como unha ferramenta orientada a analizar a realidade económica e social da provincia.
O principal obxectivo da posta en marcha deste novo instrumento de coñecemento é dispoñer dun instrumento de análise e apoio á toma de decisións utilizando a capacidade investigadora do campus en beneficio da provincia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario