"En la cima", de Mª Elena Cividanes Álvarez
Infogauda / A Guarda
Demostrando - con obras - súa ascendente traxectoria artística, a pintora Mª Elena Cividanes Álvarez vén de rematar a obra que lles amosamos, e que leva por título "En la cima".
"En la cima" é un cadro pintado o acrílico, no que súa autora, preséntanos novamente unha figura humana, ben realizada, no que a artista conqueriu plasmar unha expresividade digna de mención.
Como xa temos salientado neste xornal dixital, con este tipo de obras, Mª Elena Cividanes acredita súa versatilidade creadora deixando ben patente súas cualidades para afrontar calquer reto pictórico.
Parabens Mª Elena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario