27 de maio de 2009

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL AFIRMA QUE O B.I.G. (BOLETÍN DE INFORMACIÓN GUARDÉS), CHEGOUS OS VECIÑOS A DESTEMPO
Infogauda / A Guarda
O pasado luns día 25 de maio chegou a alguns enderezos do termo municipal unha pubricación editada polo Concello de A Guarda, no que aparecen diversas informacións de actividades que xa foron realizadas - polo tanto a pubricación chega a destempo os destinatarios - e outras que están previstas para vindeiras datas. A vista do contido desa pubricación, o concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, Celso Rodríguez Fariñas vén de presentar no Concello de A Guarda (Rexistro de Entrada nº 3681 do 27 de maio de 2009), a seguinte comunicación:
Dende o pasado día lúns, está chegando ao comercio local o B.I.G. (Boletín de Información Guardés), correspondente ao mes de maio/2009, no que no saúda a modo de presentación do Sr. Alcalde se sinala: "dar unha cobertura que permita que as guardesas e os guardeses e todos os que nos visitan coñezan a nosa oferta en todo tipo de eventos organizados polo Concello ou por algunha das moitas asociacións que temos na Vila."
Que coñezan os actos é posible, o poden facer despois de ler o B.I.G., o imposible e que poidan acudir aos mesmos, xa que máis do 70% das actividades xa foron desenrroladas cando sae o Boletín a rúa, xa que isto aconteceu o día 25/05, data na que na nosa opinión, debería estar nas máns dos veciños e visitantes as actividades do mes de xuño.
Diante disto, esperamos e solicitamos que a información sexa feita ca antelación necesaria para que poidan acudir aos actos tod@s aqueles que queiran participar nos mesmos.
A Guarda, a 27 de maio do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-Iniciativa Veciñal
A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario