27 de maio de 2009

CAMPAÑA ELECCIÓNS EUROPEAS

Encontro do nacionalista Alberte Souto cos sectores productivos da horta e flor



Infogauda / Baixo Miño
Dentro dos actos electorais que está a organizar o Bloque Nacionalista Galego na comarca do Baixo Miño, tivo lugar un encontro o pasado martes do candidato ao Parlamento Europeo Alberte Souto co sector da horta e da flor.

A Alcaldesa de Tomiño Sandra González, que tamén participou desta xuntanza, presentou o sector como un dos dinamizadores económicos da comarca do Baixo Miño e resaltou a importancia destas eleccións, que lexislan moitos dos condicionantes que logo afectan directamente aos noso productores.

Neste acto Alberte Souto expresoulles aos presentes a importancia de ter voz propia en Europa á hora de definir as capacidades productivas do noso país e para influír nas decisións que alí se poidan adoptar e teñan incidencia en Galiza. Ao longo da xuntanza tamén escoitou a problemática que os representantes deste sector expuxeron no relativo á comercialización dos seus productos en Europa.

Souto resaltou que o BNG situará como eixe básico da súa actuación seguir defendendo a intervención desde os poderes públicos en sectores económicos para garantir un desenvolvemento económico de todos os pobos de Europa así como para contribuír a reforzar maiorías que propugnen maiores avances sociais en Europa. Por exemplo, no caso de debates como a recente directiva de tempo de traballo, que pretendía extender a xornada laboral até 65 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario