22 de maio de 2009

CINEMA GALEGO

Nova curta engadida en Flocos.tv: Exilio

Flocos.tv
Estreamos nova curta en Flocos.tv: Exilio de Juan Galva (2008). Podes botarlle unha ollada aquí.
SIPNOSE
Catro sen teito, víctimas de diversas crises, propias e alleas, sobreviven nas rúas da cidade. O maior deles, Suso, superado polas presións da sociedade, esa mesma sociedade que o deixou na rúa, sofre a perda de contacto coa súa familia. Nesta situación, para poder seguir adiante, buscará apoio no seu outro núcleo familiar.
A realidade de Suso é unha máis coa que convivimos inconscientemente tódolos días.
Unha realidade que por máis que a ignoremos non deixa de ser certa.
Director: Juan Galva
Intérpretes: Alex Neira, Fran Grela, Fernando Morán
Duración: 17´ 54”
Ano: 2008
Película Invertida
Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario