22 de maio de 2009

A GUARDA

OS CONCELLEIROS DO GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL PRESENTARON UNHA MOCIÓN PROPONDO UN PLAN DE CONTROL E REDUCCIÓN DA COLONIA DE GAIVOTAS






Infogauda / A Guarda
Para seu debate na vindeira sesión plenaria, os concelleiros do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no Concello de A Guarda, Celso Rodríguez Fariñas e Isabel Lidia González Alonso, veñen de presentar unha moción que dí, literalmente o seguinte:
MOCION: CONTROL E REDUCION DE GAIVOTAS
Dende fai bastante tempo e cada vez máis, a presencia de grandes colonias de gaivotas nos nosos tellados, balcóns e demais elementos das vivendas xa ven sendo algo natural. Antes esto somentes ocurría na zona portuaria, pero agora, o séu campo de acción extendese por todo o pobo.
O incremento destas grandes bandadas, está a provocar grandes problemas no noso pobo, xa que en moitos casos, os baixantes de auga de chuvia quedan atascados polos materiais que levan para construir os niños.
Por outras banda, é un risco a saída a balcóns ou subir a tellados para facer unha reparación, xa que no tempo de incubación, atacan a calquera que se acerque.
Pero ademais, fachas, vehículos, mobiliario urbano e mesmo as persoas, moitas das veces reciben os excrementos a "pleno vuelo".
Por elo, é necesario que se leve a cabo un plan de control sanitario con medidas directas e indirectas, frente a presencia de gaivotas no noso pobo en cantidades superiores as normales, co fin de evitar que aniden e evitar as molestias que ocasionan nas persoas e nas vivendas.
Consideramos que é o momento para que se leven controis sobre a cantidade das mesmas, especialmente cando se acerca a tempada veraniega, e teñamos o engadido de que "condecoren" aos visitantes que se deteñan nas terrazas instaladas fronte os negocios da nosa localidade.
Por todo elo, vimos a presentar ao Pleno para o séu debate e aprobación si procede a seguinte MOCION:
O Concello elaborará un Plan de Control e Reducción da Colonia de Gaivotas, no que de xeito programado se controlen os niños, especialmente nas zonas donde maior problemática están ocasionando.
A Guarda, a 22 de maio do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario