22 de maio de 2009

CINEMA GALEGO

Nova curta engadida en Flocos.tv: Palíndromo


Flocos.tv
Estreamos nova curta en Flocos.tv: Palíndromo de Eva Quintas Froufe (2007) . Podes botarlle unha ollada aquí.
SIPNOSE
Ana ten 10 anos e acaba de conseguir un dos seus soños, a pesar de que ata ese intre, todo indicaba que non ía a conseguir nada nesta vida. Acaba de gañar a carreira de atletismo. Está feliz.
Moito antes da carreira, o seu profesor explicoulles en que consistía un palíndromo, aquela palabra que é a mesma se a les de dereita a esquerda que ao revés. Teñen que buscar un exemplo de palíndromo. Sen ser consciente, Ana comezou a obsesionarse cun deles en particular e isto lévaa a facer cousas estranas.
Director: Eva Quintas Froufe
Intérpretes: Luís Iglesia Besteiro, Marina Sampedro
Duración: 6´ 59”
Ano: 2007
Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario