30 de maio de 2009

CINEMA GALEGO

Nova curta engadida en Flocos.tv: O coidador de gatos


Flocos.tv
Estreamos nova curta en Flocos.tv: O coidador de gatos de Fernando Cortizo (2008) . Podes botarlle unha ollada aquí.
SIPNOSE
A aburrida vida de Mariano transcorre en Pontevedra, entre o seu traballo rutinario nunha cociña económica e a súa casa baleira. O único que ilusiona cada día a Mariano é darlle de comer aos gatos que viven nunha calexa próxima.
Un día unha misteriosa personaxe aparecerá para levar os seus gatos atraéndoos con latas dunha nova marca.
Piloto da serie "Sombras na noite". Con Banda Sonora Orixinal do cantautor norteamericano Josh Rouse.
Director: Fernando Cortizo
Duración: 16´ 12”
Ano: 2008
Arterfacto Producciones
Cancións da película no blog de Josh Rouse

Ningún comentario:

Publicar un comentario