"A muller do pano", de Ana Cividanes ÁlvarezInfogauda / A Guarda
Como non se lembraba desde facía moito tempo, o cartel elexido para anunciar a XIX Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, tén suscitado non poucos comentarios nos medios de comunicación dixitais. Para algunhas persoas, a autora incorreu en plaxio. Para outras, en falla de orixinalidade. Mesmo hai quen cuestiona o nomeamento do xurado e súa decisión. A polémica está servida prácticamente desde o mesmo día en que se fixo público que cartel resultara elexido. A partires dese momento, as críticas - e tamén algúns apoios, todo hai que deci-lo - a autora do cartel presentado baixo o lema "A muller do pano", non deixaron de producirse. Por todo iso, desde Infogauda coidamos que alguén debería dar un paso ó fronte e resolver do mellor xeito posible a polémica suscitada.
Para saber máis, premer nas seguintes ligazóns:
Ningún comentario:
Publicar un comentario