30 de maio de 2009

CINEMA

Nova curta engadida en Flocos.tv: Nico




Flocos.tv


Estreamos nova curta en Flocos.tv: Nico de SonCine (2006). Podes botarlle unha ollada aquí.

SIPNOSE
Nico é un rapaz normal... que vive dentro dun mal soño. Uns compañeiros fanlle a vida imposible. Vivir, para Nico, non é doado: seu pai, mariñeiro, pasa a vida no mar, apenas o ve; súa nai chega de noite de traballar, apenas teñen tempo para eles dous. Chega tarde a clase, non quere atoparse con ninguén, só cunha rapaza, Laura, a única que o une á vida.
Director: SonCine
Intérpretes: Mónica Caamaño, Alberto Barral, David Abeijón, Xosé A. Vila, Xosé R. Fernández, Susana González, Laura Nogueira
Duración: 23´ 26”
Ano: 2006
Blog de SonCine
Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario