![](http://1.bp.blogspot.com/_NKF2HVqCxFA/Sh29LgGL2CI/AAAAAAAATV8/VMa4nAY938U/s400/Infogauda+032.jpg)
Infogauda / A Guarda
O vindeiro venres, ás 20:30 h., na Casa das Atochas da cidade da Coruña vai ter lugar unha actividade cultural con plena identidade guardesa. A capital herculina vai ser testemuña dun espectáculo interdisciplinar que xirará en torno a figura d´Os señores do vento”.
Vídeo e música misturaránse nun espectáculo multidisciplinar que terá como fondo a idiosincrasia guardesa.
Vídeo e música misturaránse nun espectáculo multidisciplinar que terá como fondo a idiosincrasia guardesa.
O acto consistirá na presentación da famosa curtametraxe “Os señores do vento”, de Xurxo González, o pase da mesma e a estrea da canción composta por Tino Baz sobre os seus protagonistas. Despois dunha pequena conversa sobre o Chacurro e o José María darase paso ao concerto de Tino Baz no que haberá sorpresas audiovisuais apoiando algunhas das súas composicións.
Unha vez máis a produción cultural guardesa manifesta a súa capacidade e variedade creativa con temáticas que sobrepasan localismos e que son capaz de proxectarse alén do Terroso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario