28 de maio de 2009

A GUARDA

UN ANO MÁIS, A PRAIA DO MUIÑO, A MÁIS VISITADA E EMBLEMÁTICA DO NOSO CONCELLO, QUEDA SEN "BANDEIRA AZUL"



Infogauda / A Guarda


A traverso dunha nota de prensa remesada a este xornal dixital, o concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no Concello de A Guarda, Celso Rodríguez Fariñas, afirma o seguinte:
Acabamos de conocer as praias e portos que pola súa calidade, limpeza e mantenemento, recibiron o distintivo que a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (A.E.D.A.C.) que sin ánimo de lucro representa os intereses españois dentro da entidade europea F.E.E. (Fundación de Educación Ambiental), e namentras outros concellos do noso entorno, conseguiron ese reconocemento para tres ou catro dos séus areais, na nosa localidade somentes foi reconocida a praia da Area Grande.
A gran promesa, unha máis incumplida da actual administración local, sigue sen cumplirse, a Praia do Muíño, a máis emblemática, a máis grande e a máis visitada por veciños e turistas, queda outro ano máis, sen recibir este galardón, que tanto foi criticado cando o recibiu por primeira vez, así como tamén cando o perdeu.
O tan cacareado compromiso do Equipo de Goberno actual, os discursos de que xestiona a Area de Turismo, quedou todo en palabrería, e un ano máis seguiremos esperando a que sexa reconocido o areal da desembocadura do río Miño, como unha referencia medioambiental de suficiente calidade para poder izar o emblema "azul" que a recoñeza como un dos lugares máis significativos deste pobo, que debe facer tódolos esforzos para ser a gran referencia turística no Baixo Miño.
A Guarda, a 27 de maio do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-Iniciativa Veciñal
A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario