Nova curta engadida en Flocos.tv: A aldea, o antigo e o novo
Estreamos nova curta en Flocos.tv: A aldea, o antigo e o novo de Ignacio Vilar (2000). Podes botarlle unha ollada aqui.
SIPNOSE
A aldea en Galicia, pola súa dimensión, polas súas formas de asentamento, logrou manterse viva moito máis tempo que noutros lugares. A masificación das cidades, a degradación do medio natural propiciou un proceso que leva a que moitos mozos sintan a necesidade de recuperar o contacto coa natureza, e que algúns deles emprendan o camiño de regreso á terra. Como Ave Fénix, a aldea érguese de novo sobre as súas cinzas.
Director: Ignacio Vilar
Duración: 62´ 19"
Ano: 2000
Ningún comentario:
Publicar un comentario