22 de abr. de 2009

O ROSAL: O MECALIA ATLÉTICO NOVÁS VIAXARÁ A TORRELAVEGA PARA DISPUTAR A 1ª FASE DE ASCENSO

Mecalia Atlético Novás (Foto: José A. Gándara Rodríguez)

Infogauda / O Rosal
Logo de cuaxar unha formidable tempada 2008-2009, o Mecalia Atlético Novás de Balonmán de 1ª Nacional Masculino, viaxará nas vindeiras horas a terras cántabras para disputar en Torrelavega a 1ª fase de ascenso a División de Honra B. No seu sector, os rivais do Mecalia son: Grupo Pinta Torrelavega (organizador do sector e campión do Grupo B), Pedro Alonso Niño - Moguer (campión do Grupo D) e Balonmán Costa Vinarós, de Vinarós - Castellón, (2º clasificado do Grupo C). Neste sector, o Grupo Pinta e o Pedro Alonso Niño Moguer, escomenzan a liguiña con dous puntos, o que non lle permitirá relaxarse ao Mecalia Atl. Novás.
A 1ª fase do sector de ascenso disputarase esta fin de semana, en Torrelavega (Cantabria), polo sistema de liguiña a unha soa volta. Unha vez xogada esta primeira fase de grupos, os dous primeiros de cada un deles, pasarán a unha última fase onde 4 equipos xogaranse, mediante o mesmo sistema, as tres primeiras prazas que esta tempada hai vacantes na División de Honra B: as dúas que deixan os equipos que descenden e unha terceira, para volver deixar a competición en 16 equipos, actualmente con 15 pola renuncia do Balonmán Alxeciras cando descendeu de ASOBAL, a tempada pasada. As datas para estes últimos compromisos, serían 8, 9 e 10 de maio.
Para apoiar o máximo o equipo que adestra Nacho Patiño, sairá desde O Rosal un ómnibus e varios turismos particulares, e estamos seguros que o Mecalia Atlético Novás ofrecerá unha boa imaxe de conxunto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario