2 de nov. de 2026

ARCOS DE VALDEVEZ

Caminhada em Eiras e Mei uniu mais de 100 pessoas em nome do Outubro Rosa

  

No decorrer da caminhada, os participantes formaram um laço humano gigante, simbolizando a solidariedade com quem está a passar por um momento mais vulnerável

Foto: MAdeV

Mónica Mota Lopes/Arcos de Valdevez

 Mais de uma centena de pessoas uniram-se para a primeira caminhada solidária, na UF de Eiras de Mei, a favor da Liga Portuguesa Contra o Cancro, organizada pela Associação Sorriso de Eiras.  

 A Vereadora Angélica Costa juntou-se à iniciativa, reforçando o compromisso do Município com a importância da sensibilização, prevenção e diagnóstico precoce do cancro da mama.  

 No decorrer da caminhada, os participantes formaram um laço humano gigante, simbolizando a solidariedade com quem está a passar por um momento mais vulnerável.  

 De realçar que este mês assinala-se o “Outubro Rosa”, que pretende realçar a importância da saúde da mama e dos fatores de risco.  

 O Município associou-se a esta iniciativa através da iluminação da Ponte Centenária em cor-de-rosa, simbolizando a importância da realização regular de exames de rastreio.

ARCOS DE VALDEVEZ

Platta enche Casa das Artes com celebração do teatro amador  


A Vice-Presidente da Câmara, Emília Cerdeira, marcou presença na abertura do festival
Foto: MAdeV

Mónica Mota Lopes/Arcos de Valdevez

 O Platta - Festival de Teatro da Plataforma Transfronteiriça de Teatro Amador regressou ao palco da Casa das Artes com uma edição carregada de emoções e boa disposição, e para um público entusiasta e abrangente.  

 A Vice-Presidente da Câmara, Emília Cerdeira, marcou presença na abertura do festival, reforçando o compromisso da autarquia com a cultura e enaltecendo a qualidade do evento.  

 A edição deste ano contou com a presença de grupos provenientes da Madeira, Galiza e Castela e Leão, com três peças que marcaram pelas narrativas que despertam o público para o pensamento crítico e social.  

 O palco do auditório da Casa das Artes recebeu "O Randinã", pelo grupo de teatro da Asociación Dramatúrxica de Pico do Castro, da Galiza; “Antígona - Rastos, Restos e Rostos”, do Grupo de Teatro de Machico, da Madeira; e "Canto a Flor de Água" do grupo Kikodin, de Léon.  

 Para além das peças, o Platta contempla também leituras dramatizadas, que se assumem como um dos pontos altos do festival. Este ano, o texto vencedor do V Prémio Platta de Teatro Breve foi conquistado por María Belén Jurado Merelo, após a seleção do júri que avaliou cerca de 100 concorrentes.  

 A autora de “Tiempos y Secretos” recebeu o prémio e assistiu à apresentação das leituras, podendo ver o seu texto representado em três idiomas (castelhano, galego e português), com três propostas diferentes de encenação.  

 O Platta é organizado pelo GTV – Grupo de Teatro do Vez, com o apoio do Município, e pretende dar voz às diversas companhias de teatro amador, nacionais e transfronteiriças, dignificando a arte e o talento espelhados em cada palco.  

 O festival integra o Recontros 2026 Ciclo de Teatro e Expressões de Arcos de Valdevez.

ARCOS DE VALDEVEZ

Município apoia associações do concelho num investimento superior a 390 mil euros 

 

Recentemente, foram assinados vários protocolos
Foto: MAdeV

Mónica Mota Lopes/Arcos de Valdevez   

 A Câmara Municipal de Arcos de Valdevez continua a apoiar as diversas associações inscritas no registo municipal, no âmbito da promoção da dinamização do território e fortalecimento de laços entre as comunidades.  

 Recentemente, foram assinados vários protocolos no valor de 390.250,00€, que contemplam as associações desportivas, recreativas, culturais e ranchos folclóricos do concelho, reforçando a proximidade e apoio à atividade de cada instituição.  

 Para o Município, estes protocolos valorizam o trabalho desenvolvido pelas associações, reconhecendo o carácter social junto das populações e contribuindo para um concelho mais coeso, dinâmico e próspero.

31 de out. de 2026

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Atlético Guardés desarma ao líder e arrebata o invicto ao Bera Bera (28-23) 

• O equipo baixomiñoto venceu sen ápice de dúbida este sábado ao todopoderoso donostiarra na visita deste á Sangriña, facéndolle perder os seus primeiros dous puntos da tempada e achegándose a tan só un ao liderado 

• Ao Atlético Guardés déronlle ás dous grandes inicios, de 4-0 na primeira metade e de 5-1 na segunda, aínda que aguantou o tipo en todo momento para evitar que o Bera Bera achegásese nunca a menos de dous goles 

• Rosane Serrano, imbatible con 10 goles, e Mínguez e Marín titánicas á portería, responsables da vitoria xunto cunha Cecilia Cacheda que capitaneou todo o ataque

 

Ao remate dun trepidante encontro, as xogadoras do Atlético Guardés celebraron a vitoria cos seareiros
Foto:SportCoeco

Redacción Deportes/A Guarda 

 O Atlético Guardés consegue a fazaña. O equipo baixomiñoto deixou unha actuación de categoría este sábado na Sangriña para arrebatarlle o invicto a un ata o de agora todopoderoso Bera Bera e quedarse a tan só un punto do seu liderado. Con dous grandes inicios en ambos os períodos, o anfitrión aguantou con uñas e dentes os 60 minutos para impedir ao rival vasco achegarse en apenas ningún instante, liderado por Cacheda como artífice do ataque e Serrano como artilleira infalible, e apoiado por dúas grandes actuacións de Marín primeiro e Mínguez despois baixo paus.  

 O Atlético Guardés saíu enchufado, fronte a un Bera Bera baixo de ánimos xa desde o comezo. Un 4-0 responsabilidade dunha Rosane Serrano, infalible xa nas accións iniciais, obrigaba a Begiristain a parar o tempo antes de que o marcador chegase aos cinco minutos, buscando unha reacción nas súas que tardou en chegar. Pero á continuación as perdas non forzadas na ofensiva donostiarra, contando xa 6 antes do minuto 10, apenas lle permitiran responder (4-1, min. 9).  

 Máis afinado defensivamente, o líder non puxo as cousas sinxelas a un anfitrión decidido a gañar na casa. E é que se o conseguiu finalmente foi por empeño, pois as de Prades insistiron cada palón buscando penetracións imposibles e repoñéndose doutros tantos roubos que as guipuscoanas conseguían rescatar de pases complexos. Elba Álvarez sostivo ao conxunto visitante nesta primeira parte, chegando a nomear a metade do marcador vasco antes do descanso, pois a maioría das súas compañeiras topábanse de fronte cunha Ana Marín que freou ata cinco balóns crave nesta primeira metade e foi responsable de varios minutos sen cambios na parte vasca do luminoso.  

 Así as cousas, o partido e A Sangriña respiraban Atlético Guardés a moreas, e o luminoso así o deixaba ver antes de indicar o camiño aos vestiarios (12-10, min. 30). A renda podería ser maior de non ser por dous goles tardíos que lembraron ás locais que isto non sería un camiño de rosas. 

 Pero as de Prades tíñano máis que claro, centradas en resarcirse da derrota vivida no seu último partido en Málaga cunha fazaña ante a súa afección. Mostraron unha cara completamente diferente, de novo, á daquel 6 de outubro en Carranque para comezar a segunda metade con outro inicio que volveu desarmar ao banco visitante: un 5-1 que volvía obrigar ao técnico vasco a parar o crono aos escasos primeiros cinco minutos (17-11, min. 35). 

 Pintaba ben o camiño para un Atlético Guardés que, por agora, non fallaba. Aínda que non era ouro todo o que relucía e o corpo técnico local sabía que en calquera momento as cousas podían cambiar. Grazas á insistencia e a un ataque escorregadizo liderado por unha Ceci Cacheda que se baleirou e materializado por unha Serrane que chegou aos 10 canóns cun 100% desde 7 metros, o ritmo mantívose ata o ecuador do período, cando Ania Ramos recuperaba o balón na enésima perda do Bera Bera buscando encamiñarse aos cinco goles de renda (20-16, min. 43). 

 Houbo que esperar un pouco máis para a pequena remontada rival, que chegou, claro que chegou. A falta de dez minutos para o asubío final, o visitante volvía apertar e achegábase despois de varios erros dos que dan rabia entre as filas baixomiñotas, cun 0-2 que case facía perigar a vitoria local (22-19, min. 50).  

 Foi, con todo, unha miraxe. O líder desinflouse e perdeu os nervios, da man dun persoal guardés que tivo posiblemente o seu mellor día da competición ata o de agora. Aintzane García comezou a achegar desde o extremo despois dun primeiro intento errado e xa non parou, con catro canóns vitais para volver abrir oco. Serrano seguía ao seu como artilleira oficial cun novo penalti (25-20, min. 55), e apareceu entón a guinda do pastel: Mínguez, agora baixo paus, uniuse á festa para parar tres balóns seguidos que terminaron por desanimar a un Bera Bera fóra de si.   

 Con algunha resposta máis, o último intento rival terminou en perda, quedándose preto das 20 o cálculo final para as vascas, mentres que o Atlético Guardés non fallou tampouco as súas oportunidades definitivas. Un balón de Nerea Gil á rede baleira selaba a fazaña da Sangriña, desfacendo a unha bancada que volvía ver como as súas facían algo grande (28-23, final). A seguinte cita, dentro dunha semana en Elda.  

Balonmán Atlético Guardés (12+17): Sabina Mínguez (p.), África Sempere, Blazka Hauptman (2), Aintzane García (4), Cecilia Cacheda (3), María Palomo, Rosane Serrano (10), Cristina Cifuentes, Carme Castro (1), Daniela García, Nerea Gil (3), María Cobo, Ania Ramos (3), Sabela Lomba, Noelia Solla (2) e Ana Marín (p.).  

Super Amara Bera Bera (10+13): Elba Álvarez (5), Marie Louis (3), Elene Fresco (2), Lisanne Kruijswijk, Maitane Exteberria (5), Mathilde Plotton, Elena Amores, Anne Erauskin (1), Giuliana Gavilán (2), Kelly Fonkeng (2), Lucía Prades (p.), Carmen Arroyo (2), Amandine Balzinc (p.) e Sora Ishikawa (1).  

Marcador cada cinco minutos: 4-0, 4-1, 6-2, 9-5, 10-6, 12-10, 16-11, 18-14, 20-17, 22-18, 24-20, 28-23. 

Árbitros: Alejandro Hoz e Axel Riloba. Amoestaron con tarxeta amarela á local Blazka Hauptman e ás visitantes Elena Amores e Giuliana Gavilán e excluíron con dous minutos ás locais Noelia Solla e Nerea Gil e ás visitantes Mathilde Plotton e Anne Erauskin (2).  

Incidencias: Partido de sétima xornada da liga Guerreiras Iberdrola 2026/2027, disputado no pavillón municipal da Sangriña. Antes de comezar gardouse un minuto de silencio polas vítimas do accidente de tren de Urda (Toledo). As xogadoras do equipo local saíron cunha camiseta cunha mensaxe de apoio á xuvenil Silvia Lomba, afectada por unha grave rotura de ligamento cruzado. 

A GUARDA

A Valedora do Pobo abre unha investigación sobre a tutela do patrimonio arqueolóxico do Monte Trega tras unha denuncia da Comunidade de Montes da Guarda 

•  A institución advirte de que poderá identificar ante o Parlamento de Galicia a autoridade responsable se persiste a falta de colaboración administrativa e admite un novo procedemento solicitando explicacións á Consellería de Cultura sobre a conservación, vixilancia e protección do conxunto arqueolóxico. 


Deterioración das infraestruturas de telecomunicacións do Monte Trega, obxecto de numerosas denuncias e reclamacións por parte da Comunidade de Montes desde 2020. Malia as reparacións parciais realizadas, persisten elementos deteriorados que evidencian a falta dunha actuación integral para garantir a seguridade e a adecuada conservación deste espazo protexido.
Estacionamento irregular na contorna do poboado castrexo que se repite durante todo o ano malia ter un estacionamento sinalizado a 300 metros, sen que se adopten medidas de vixilancia e control.
Reserva e ocupación de espazos para o xantar tradicional do Domingo do Monte sen respectar as limitacións de uso establecidas para salvagardar o patrimonio arqueolóxico, unha situación favorecida polas deficiencias na vixilancia e no control das zonas protexidas.
Estado de abandono e deterioración do Castro da Forca antes das últimas intervencións realizadas en outubro de 2026, tras numerosas reclamacións da Comunidade de Montes da Guarda para garantir a conservación e protección deste xacemento arqueolóxico.
Fotos: CMMVVMCAG

Infogauda/A Guarda 

 A Valedora do Pobo mantén aberto un primeiro expediente iniciado en setembro de 2025 a raíz dunha denuncia da Comunidade de Montes polo estado de abandono de diversas instalacións de Telefónica no Monte Trega, incluíndo postes deteriorados ou caídos e cableado en mal estado. Durante a tramitación deste procedemento, a Valedora solicitou información ao Concello da Guarda e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tendo que reiterar requirimentos ante ambas administracións pola falla de resposta ou a necesidade de completar a información recibida. Na súa última comunicación, a institución advertiu que, de persistir a falla de colaboración das administracións, formulará un recordatorio dos deberes legais e poderá incluír unha advertencia no seu informe ao Parlamento de Galicia. 

 Así mesmo, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Guarda informa de que a Valedora do Pobo acordou admitir a trámite unha nova queixa relativa ao exercicio das responsabilidades de custodia, vixilancia, conservación e protección do patrimonio arqueolóxico do Monte Trega. A decisión, comunicada o pasado 27 de outubro, supón a apertura dun novo procedemento independente, no que a institución solicitou un informe á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, cun prazo de 15 días hábiles para responder. 

 No escrito presentado pola Comunidade de Montes denuncian deficiencias na custodia, vixilancia, conservación e protección do patrimonio arqueolóxico do Monte Trega. Entre elas, a situación de abandono de determinados espazos arqueolóxicos, a insuficiente vixilancia dos xacementos e a falta de claridade sobre os medios e protocolos de tutela ordinaria. A Comunidade advertiu, ademais, dunha falta de coordinación efectiva entre as administracións competentes, que considera un dos principais obstáculos para garantir unha protección adecuada do BIC. 

A Comunidade cuestiona o cumprimento efectivo das obrigas de tutela 

 Desde a Xunta Reitora da Comunidade de Montes da Guarda considérase que os problemas detectados non poden abordarse exclusivamente mediante intervencións puntuais, senón que requiren unha revisión do modelo de conservación, vixilancia e mantemento do conxunto patrimonial:  

 “Non podemos aceptar que a conservación e protección dun Ben de Interese Cultural desta importancia dependan das constantes reclamacións da Comunidade de Montes da Guarda. A tutela do patrimonio arqueolóxico debe exercerse de maneira efectiva, continuada e coordinada polas administracións competentes”. 

 A Comunidade lembra tamén que leva tempo trasladando incidencias e solicitando actuacións concretas para evitar o deterioro dos elementos patrimoniais, polo que considera necesario esclarecer quen exerce as diferentes funcións de tutela, con que medios conta e que mecanismos de supervisión existen:  

 “As administracións públicas non poden descargar sobre unha comunidade de montes a responsabilidade de tutela do patrimonio arqueolóxico. A titularidade comunal dos terreos non exime as administracións competentes das súas obrigas legais de custodia, supervisión e protección do patrimonio cultural. Non deberíamos de ser nós quen teña que detectar continuamente as deficiencias, reclamar intervencións e vixiar que estas finalmente se executen”. 

 A apertura deste novo expediente non supón que a Valedora teña acreditado ningún incumprimento, pero permite examinar de maneira específica o funcionamento dos mecanismos de protección do Monte Santa Trega, máis alá das incidencias individuais denunciadas:  

 “Estamos documentando as deficiencias, solicitando actuacións, facendo seguimento dos expedientes e acudindo ás institucións de garantía cando non obtemos respostas suficientes. O que reclamamos é que cada administración exerza as responsabilidades que legalmente lle corresponden”.  

A GUARDA

A violonchelista Thai Leonor Otero emociona a medio cento de persoas na clausura da exposición adicada ás persoas que formaron a historia de San Xerome Emiliani en Lacena 


A violonchelista Thai Leonor Otero nun momento da súa actuación
Fotos: Santiago Baz Lomba
O encontro comezou coa intervención das responsables de Lacena, Daniela Irimia e Noé Ferreira


Noé Ferreira-Rodríguez/A Guarda

O pasado venres 23 de outubro, Lacena • comida espida • acolleu a clausura da exposición fotográfica «Suite [SAN XEROME EMILIANI] Presenzas e olladas. Faces e figuras. Afíns», de Manuel Álvarez Álvarez, nun acto que reuniu medio cento de persoas de diferentes idades e ámbitos sociais e que tivo como protagonista musical a nova violonchelista guardesa Thai Leonor Otero Iglesias. 

 O encontro comezou coa intervención das responsables de Lacena, Daniela Irimia e Noé Ferreira, que expresaron a súa satisfacción pola acollida da iniciativa e, especialmente, pola diversidade do público asistente, no que confluíron persoas de distintas xeracións e ámbitos da sociedade guardesa. 

 Durante a súa intervención, agradeceron a Manuel Álvarez a elección de Lacena para expoñer unha obra que cualificaron de «tan humana», pola súa capacidade para poñer rostro e recoñecer a traxectoria das persoas que contribuíron á historia da Asociación San Xerome Emiliani e ao desenvolvemento dunha rede de apoio social na comarca do Baixo Miño. 

 As responsables do establecemento salientaron tamén que a organización deste tipo de actividades constitúe un xeito de devolver á sociedade unha parte do apoio recibido ao longo dos máis de seis anos de actividade de Lacena. Neste sentido, reivindicaron que, máis alá da dimensión económica e ambiental que caracteriza o proxecto, o pequeno comercio pode tamén desempeñar un papel na vida cultural da vila. Así, defendérono como un espazo alternativo e complementario aos equipamentos culturais tradicionais. 

 Tras a presentación, chegou o momento máis agardado da velada coa intervención da violonchelista Thai Leonor Otero Iglesias, que, malia a súa xuventude, deixou patente unha notable madurez interpretativa e unha mestría que sorprendeu ao público asistente. A intérprete ofreceu un recital de pezas de Johann Sebastian Bach e Camille Saint-Saëns, nas que amosou a súa sensibilidade musical e o dominio técnico do instrumento. 

 Durante a interpretación, o silencio apoderouse do establecemento, deixando como protagonista o son do violonchelo, só interrompido polos aplausos cos que o público recoñeceu a calidade musical da nova intérprete. A súa actuación converteuse nun dos momentos máis emotivos do serán. 


O fotógrafo Manuel Álvarez Álvarez facéndolle entrega dun agasallo a violonchelista guardesa Thai Leonor Otero Iglesias 

 

 Rematada a intervención musical, tomou a palabra o autor da exposición, Manuel Álvarez Álvarez, quen protagonizou unha intervención de carácter poético na que expresou o seu agradecemento ao equipo de Lacena e a Thai Leonor Otero pola súa colaboración facéndolle entrega de varios agasallos como mostra de recoñecemento. 

 O acto concluíu cun viño da amizade e petiscos preparados polo equipo de Lacena como agradecemento ás persoas asistentes. Con eles, o encontro prolongouse ata ben entrada a noite nun ambiente distendido de conversa e convivencia, no que se sucederon os eloxios á interpretación musical, á calidade e ao significado humano da obra fotográfica e ao compromiso do establecemento coa dinamización cultural da Guarda.

OPINIÓN

O fío invisible de Silleiro e Monteferro 


Representación dos veteranos artilleiros de Cabo Silleiro e Monteferro reunidos neste 2026 na súa xuntanza anual 

Ricardo Rodríguez Vicente

 O mar que axitaba as costas de Cabo Silleiro e Monteferro no outono de 1975 non é moi diferente do que bate hoxe contra os cantís. Pero os mozos que daquela miraban o horizonte militar desde as baterías J-4 e J-3 tiñan o pelo negro - ou louro, nalgúns casos - as mans intactas e un abraio nos ollos que hoxe, cincuenta e un anos despois, se transformou nunha xeografía de engurras e sabedoría.

 O pasado venres, cando o sol xa se agochara e Gondomar se tinguía de outono, o tempo detívose. Non importa cantas décadas pasasen, nin as vidas que cada un tivese que armar ao volver á casa. Había un fío invisible que volvía conectar a aqueles rapaces que un día saíron de Tomiño, do Rosal, da Guarda, de Oia, de Vigo, do Porriño ou da propia vila miñorá para coincidir no balbordo de Figueirido e Campolongo.

 Os artilleiros do sur da provincia volvéronse mirar aos ollos nun restaurante local. Coordinados pola teima xenerosa de Mariño, Moa e Moisés, déronse eses abrazos que non precisan de prólogos. Abrazos de veciños do Val do Fragoso, do Val Miñor e do Baixo Miño que saben que compartir o rancho e a garda une máis ca calquera bando oficial. 

 Ao redor da mesa, entre pratos que sabían á froitos da terra e do mar que os viu medrar, o viño tinto novo serviu para facer rexurdir os recordos. Houbo quen brindou con cervexa sen alcohol, porque a prudencia do condutor tamén forma parte do respecto ao compañeiro. Riron coas mesmas anécdotas de sempre, as que se van esaxerando coas décadas pero que manteñen viva a mocidade.

 Pero o ton humano dunha irmandade midese tamén polo silencio. Na sobremesa, cando as risas repousaron, fíxose un oco para os que xa non están. Non foi un recordo triste, senón un saúdo agarimoso cara ao pasado, unha forma de dicir que mentres un artilleiro do 75 siga en pé, ningún compañeiro será esquecido. 

 Cando a noite pechou e tocou marchar, ninguén se despediu cun "adeus". O pacto quedou asinado con firmeza na mirada: a resistencia continúa, a saúde aguantará, e o outono de 2027 volverá escoitar o eco da súa camaradería.

A GUARDA

A Guarda recupera a memoria das persoas que fixeron posible a oficialización do Camiño Portugués da Costa 

• A Guarda continúa coa celebración do décimo aniversario da oficialización do Camiño Portugués da Costa cunha conferencia de Ermelindo Portela, unha exposición fotográfica e un faladoiro no que participarán xerentes de negocios locais. 

 


Infogauda/A Guarda

 O Colectivo Amigos do Camiño Portugués da Costa da Guarda, organiza o vindeiro luns 2 de novembro dúas actividades culturais abertas ao público para conmemorar o décimo aniversario da oficialización deste itinerario xacobeo, un fito que supuxo un importante impulso para a proxección turística e económica da vila. 

 A programación comezará ás 19:00 horas, no Salón de Plenos da Casa dos Alonso, coa conferencia «Tres viaxes a Santiago», impartida por Ermelindo Portela Silva, catedrático emérito da Universidade de Santiago de Compostela. 

 A continuación, ás 19:45 horas, inaugurarase nos baixos da Casa dos Alonso unha exposición fotográfica dedicada á historia e evolución do Camiño Portugués da Costa ao seu paso pola Guarda. A mostra ofrecerá un percorrido en imaxes polas paisaxes, as persoas e as transformacións vinculadas a este itinerario. Poderá visitarse do 2 ao 9 de novembro, en horario de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas. 

 As actividades conmemorativas continuarán o venres 6 de novembro, ás 19:00 horas, cun faladoiro no Salón de Plenos da Casa dos Alonso sobre a historia, evolución e impacto do Camiño Portugués da Costa. Nel participarán Grato Amor Moreno, da Asociación Amigos dos Pazos; Antón Ferreira, do colectivo organizador; Marta Silva, de Atmósfera Sport; Fernando Álvarez, do albergue O Peirao; Rafael Villa, da Panadería Morales; e Nuria Cerqueira, do albergue Baionamar. O encontro estará moderado por Fátima Rodríguez, membro do Colectivo. 

 Desde o colectivo destacan que esta conmemoración pretende poñer en valor o traballo das persoas e entidades que durante décadas impulsaron a recuperación e o recoñecemento oficial do Camiño Portugués da Costa, así como contribuír a divulgar a súa historia e a importancia que adquiriu para A Guarda. 

 Todas as actividades son abertas ao público. 

OIA

O Concello de Oia vai estrear o documental “D. Antonio Estévez. 60 anos de vida e memoria en Oia”  

•  A proxección terá lugar o vindeiro sábado 7 de novembro, ás 17.00 horas, no Mercado de Oia


Imaxe extraída do documental “D. Antonio Estévez. 60 anos de vida e memoria en Oia”


Infogauda/Oia

    O Concello de Oia presentará o vindeiro sábado 7 de novembro, ás 17.00 horas, o documental “D. Antonio Estévez. 60 anos de vida e memoria en Oia”, unha produción promovida pola administración local para deixar testemuño audiovisual da traxectoria vital e humana de quen foi párroco de Burgueira e Loureza durante máis de seis décadas. Don Antonio desenvolveu o seu labor pastoral nestas dúas parroquias desde a súa chegada a Oia en 1964, permanecendo sempre moi vencellado á vida social e veciñal do municipio.  

 A estrea terá lugar no Mercado de Oia, un espazo municipal que destaca pola súa amplitude, comodidade e capacidade de acollida, permitindo reunir neste espazo renovado ás numerosas persoas que desexan acompañar a don Antonio nunha ocasión tan especial.   

 A peza audiovisual realiza un percorrido pola vida, as experiencias e os recordos de don Antonio, achegándose non só á súa faceta relixiosa, senón tamén á dimensión humana dunha persoa que marcou a varias xeracións de veciños e veciñas. Ao longo do documental recóllense testemuños de persoas da contorna que mantiveron unha relación de amizade e proximidade co homenaxeado, ofrecendo unha visión íntima e emotiva do seu paso por Oia.  

 A iniciativa nace coa vontade de preservar unha parte da memoria colectiva do municipio a través das vivencias dun dos seus protagonistas máis destacados. O documental recolle lembranzas, anécdotas e reflexións que permiten reconstruír a evolución das parroquias de Burgueira e Loureza e da propia sociedade oiense ao longo dos últimos sesenta anos.  

 A estrea constitúe ademais unha nova mostra do recoñecemento que a veciñanza e as institucións locais profesan a don Antonio, quen se retirou fai máis dun ano tras unha extensa traxectoria caracterizada pola súa dedicación, humanidade e compromiso coa veciñanza.   

 O Concello invita a toda a cidadanía a asistir a esta estrea, que pretende ser un acto de encontro, lembranza e agradecemento a unha figura profundamente querida e respectada no municipio.

TOMIÑO

O GRUPO SOCIALISTA EMPLAZA Á XUNTA E AO GOBERNO DE TOMIÑO A COLABORAR PARA DESENVOLVER O SANEAMENTO INTEGRAL DO CONCELLO  

• Carlos López Font puntualiza que “nin a Xunta pode desentenderse de Tomiño nin o Concello pode conformarse con actuacións parciais”

 

Mirta Isabel Misa Misa - á der. - concelleira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño, onde exerce ademais como responsable de Organización, Educación e Igualdade da agrupación socialista local e comparte representación política xunto á portavoz Violeta de Santiago, con dúas persoas máis da Agrupación Socialista de Tomiño 
Foto: GMS

Infogauda/Tomiño 

 O parlamentario socialista Carlos López Font presentou na Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento de Galicia —froito do traballo coordinado coa voceira municipal, Violeta de Santiago Moure— unha proposición non de lei para reclamar á Xunta e ao goberno de Tomiño a colaboración no saneamento integral do concello, iniciativa que foi rexeitada polo PP. 

 López Font advertiu que “nin a Xunta pode desentenderse de Tomiño nin o Concello pode conformarse con actuacións parciais”, e puntualizou que cada administración “debe asumir a parte de responsabilidade que lle corresponde”. 

 Urxiu a comezar pola planificación dos colectores para integrar as redes que xa existen mediante un colector xeral e “avanzar cara un tratamento eficaz das augas residuais” e previr a contaminación dun concello especialmente sensible pola súa riqueza medioambiental. Esta esixencia parlamentaria realízase a instancias do Grupo Municipal dos Socialistas de Tomiño ante o histórico esquecemento do rural por parte da Xunta. 

 Reclamou así “planificación, financiamento e compromisos compartidos” para despregar unha infraestrutura fundamental para os veciños e veciñas do Concello “con independencia da parroquia na que residan” porque, explicou, “a realidade é que hoxe en Tomiño continúan existindo importantes diferencias no acceso ao saneamento das diferentes parroquias”. 

 Por iso emprazou a Augas de Galicia a que se coordine con Tomiño para elaborar “un proxecto técnico que permita abordar as necesidades xerais de saneamento”, fixando “as actuacións necesarias, as conexións pendentes e as solutiones técnicas máis axeitadas”. 

 Ademais, explicou que a actuación precisa dun proxecto que dea base á planificación real imprescindible para acceder ao financiamento necesario, que inclúa tanto os fondos europeos como as fórmulas de cooperación financeira entre as administracións. En definitiva, resumiu, e así o levan reclamando anos os socialistas de Tomiño a pé de rúa, Xunta e Concello “deben colaborar para determinar as necesidades reais, redactar os proxectos e buscar o financiamento necesario para executalos”.

O PORRIÑO

O PSOE do Porriño denuncia as faltas de respecto de Secretario e Alcalde cara á concelleira socialista no Pleno 

• Ademais, na quenda de rogos e preguntas do Pleno ordinario de Outubro o presidente realizoulle tres avisos seguidos, sen advertencia no segundo da consecuencia, a pesar de que a expulsada reclamou o seu dereito na sala ao vulnerar o art. 95.2 do ROF 


Integrantes do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello do Porriño
Foto: GMS

Infogauda/O Porriño

 A agrupación socialista do Porriño está indignada polo ocorrido durante a celebración do Pleno ordinario de outubro. E faino público do seguinte xeito: “O Partido Popular está a cubrirse de gloria coas continuas faltas de respecto que dirixen cara á oposición. Négannos  acceso a expedientes solicitados por rexistro, cálannos no Pleno pechándonos o micro durante as intervencións, fáltannos ao respecto e agora expúlsannos  saltándose o regulamento”. 

 “Nesta sesión topámonos coa mesma situación de sempre, o PP non vota a favor  de ningunha das mocións que o PSdeG-PSOE propuxo ao Pleno. Pero é que ademais, a dereita votou en contra dunha moción de urxencia presentada polos dous grupos da oposición -BNG e PSOE-, na que se solicitaba a apertura de expediente disciplinario e o cesamento de funcións do Inspector Xefe Principal da Policía Local do Porriño. Os socialistas non podemos deixar de preguntarnos por qué o alcalde lle ten tanto medo ao xefe da Policía Local?”. 

 A tensión desta sesión elevouse cando, estando a concelleira socialista na quenda de rogos e preguntas, respondendo por alusións ao Secretario que dixo: “se ten preocupación pola miña vida privada, vaia a un especialista que lle dea unha pastilla para ver se se lle quita, porque as preocupacións hai que quitarllas da cabeza”; o Alcalde/Presidente do Pleno péchalle o micro de inmediato para intervir el, quen ao non deixar de ser interrompido pola concelleira e tras expulsala da sesión por reclamar os seus dereitos, indicoulle “poña un ‘sonetone’ entón”. 

 “Alejandro Lorenzo e o seu equipo de Gobierno, demostran novamente que non están ao lado das necesidades reais dos seus veciños e que lles dá igual seguirincumpliendo a lexislación vixente en numerosos assuntos, cunha cara por diante e outra ben distinta por detrás. Pero é que a actuación do Secretario Municipal nesta sesión, podería tratarse dunha infracción dos deberes profesionais, éticos e deontolóxicos; xa que tampouco advertiu ao presidente do Pleno que se estaba vulnerando o art. 95.2 do ROF, a pesar de   que a concelleira socialista solicitoulle, que fixese constar na acta, que non se lle realizaron as advertencias segundo Regulamento”. 

 Respecto de a resposta ofensiva ofrecida polo Secretario, Táboas manifesta: “O comentario, con claro aire sexista, pon de manifesto unha actitude moi pouco profesional e acorde a outras épocas pasadas. Esa expresión non lla diría a un concelleiro” e engade “pero o que máis me sorprende, é que ningunha das concelleiras do Partido Popular presentes, solicitasen que se retirase ese comentario. Quedaron todas caladas”. 

 “Por iso desde esta agrupación socialista, rexistramos a solicitude de anulación da expulsión do Pleno da concelleira socialista, Sthela Mª Táboas” quen finaliza engadindo que “non poden ampararse no ROF só cando lles interesa a eles, espero que Alejandro Lorenzo pense ben quen se ten que poñer o ‘sonetone’ e saiba desculparse”.

30 de out. de 2026

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Atlético Guardés volve á carga co reto do Bera Bera 

• O equipo baixomiñoto recibe este sábado ao líder e un dos pesos pesados da competición na Sangriña (19.00 horas) 

• A convocatoria será de 16 xogadoras, coa volta de María Cobo e a baixa de Elena Martínez, aínda que Silvia Leiras é dúbida 




Redacción Deportes/A Guarda

 O Atlético Guardés retoma a competición cun novo reto como primeiro punto da súa folla de roteiro. O equipo miñoto volve do parón mañá (19.00 horas, A Sangriña) recibindo ao Super Amara Bera Bera, actual líder e un dos favoritos da categoría ante o que espera resarcirse da derrota do seu último partido en Málaga. A convocatoria será de 16 xogadoras, con María Cobo dispoñible por primeira vez e a baixa de Elena Martínez sen afectar o número de efectivos. 

 O Atlético Guardés chega tras dúas semanas de reflexión necesaria, dada a súa última actuación. O pasado 13 de outubro, as de José Ignacio Prades caeron tras 60 minutos de imprecisións na pista do Costa do Sol Málaga (28-19). Tratábase da primeira derrota da tempada, do primeiro fochanca en embazar un inicio de campaña brillante e marcado polas boas sensacións. Cunha quincena para puír erros e prepararse para o que vén, o obxectivo para mañá será volver facerse grandes da man dun Inferno disposto a vivir un dos partidos máis intensos do ano. 

 A convocatoria, pola súa banda, ve, por primeira vez, boas noticias. O conxunto galego confirmaba esta semana a volta á competición de María Cobo, quen levaba semanas vendo a luz ao cabo dunha longa recuperación da rotura de ligamento cruzado pola que se operou hai 11 meses. Con ela, Prades pasa a ter 16 efectivos dispoñibles a longo prazo; aínda que para este sábado está en dúbida a presenza de Silvia Leiras despois de días con molestias no nocello. Se todo fose ben, o técnico non necesitaría contar de novo con reforzos da base e, máis importante; a baixa de Elena Martínez, quen aínda espera máis noticias sobre a súa situación, non afectará á situación de partido máis do evidente. A posta en marcha de Cobo chega para engrosar as filas dun equipo que afronta un novo tramo do calendario moi esixente: á visita do poderoso donostiarra este sábado seguirana a saída a casa dun forte Elda, a acollida do campión Rocasa na Sangriña e un novo Derbi As Nosas no Porriño. Todo iso nun prazo de menos de 20 días antes do seguinte parón polo campionato europeo de seleccións.    

 No Bera Bera, pola súa banda, o inicio de tempada está a ser inmellorable, con seis vitorias en seis xornadas que se levaron por diante a rivais fortes como o amentado defensor do título (24-26) ou un Málaga anfitrión (17-22), entre outros. O conxunto vasco soubo sobreporse ás importantes saídas vividas a pasada campaña, como as de Lyndie Tchaptchet, Nicole Wiggins, Eszter Ogonovsky ou o técnico Imanol Álvarez; grazas ás incorporacións do novo adestrador Jon Begiristain -ata o de agora segundo ao mando-, a xuvenil Elene Fresco, Marie Louis, Kelly Fonkeng ou a exguardesa Amandine Balzinc na portería.  

 As engrenaxes, como vén sendo habitual, funcionan á perfección nun equipo que segue aspirando a todo e que chega disposto a non deixarse amedrentar pola afección da Sangriña. O reto está servido e as de José Ignacio Prades farán todo o posible por poñer a balanza ao seu favor e seguir crecendo, por difícil que sexa ante un dos grandes.  

José Ignacio Prades: “Temos un calendario complicado, véñennos equipos de máximo nivel” 

 O adestrador do Atlético Guardés, José Ignacio Prades, coincide na dificultade das próximas semanas. “Sabemos que temos un calendario complicado en canto a que nos veñen equipos de moi alto nivel e chamados a pelexar por títulos”, indica, a pesar de o que “esperamos recobrar boas sensacións, mellores que as que tivemos en Málaga” empezando pola visita dun Bera Bera que considera “o candidato a todo de novo este ano e o máximo favorito”. 

 Independentemente de que o conxunto vasco “está a ir a máis”, o técnico valora como un punto a favor importante que “xogamos en casa”. As claves, alén do factor cancha, resúmense en que “teremos que facer un moi bo partido, sobre todo a nivel defensivo, e traballar moi ben as situacións de ataque e repregamento” para “sacar os dous puntos da Sangriña”, explica o de Petrer. En calquera caso, será un partido “de máxima esixencia” e para o adestrador, tamén, “moi bonito, dos que gustan xogar a xogadoras e técnicos”. O seu desexo, como sempre, “que o público nos acompañe unha vez máis e que poidamos ofrecerlles un bo partido”.  

AXENDA 

Liga Guerreiras Iberdrola 2026/2027 | Xornada 7  

Balonmán Atlético Guardés – Super Amara Bera Bera 

Sábado, 31 de outubro | 19.00 horas | A Sangriña 

Retransmisión en directo pola canle de YouTube do Club Balonmán Atlético Guardés: 

https://www.youtube.com/watch?v=t4iu13qgpeg    

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Atlético Guardés confirma o regreso ás pistas de María Cobo 

• A extremo valenciana recibe a luz verde para competir tras completar con éxito a recuperación da súa rotura de ligamento cruzado anterior no xeonllo esquerdo que a fixo pasar por quirófano en novembro de 2025 

• Coa baixa de Elena Martínez aínda en vigor, espérase que Cobo poida sumar os seus primeiros minutos co equipo miñoto este sábado ante o Bera Bera 


A extremo María Cobo, o día da presentación do equipo 2026/2027, no pavillón da Sangriña
Foto: SportCoeco

Redacción Deportes/A Guarda

 O Atlético Guardés celebra por fin unha boa noticia entre as súas filas. O equipo baixomiñoto pode contar por fin cunha das súas novas xogadoras desta tempada: a extremo María Cobo, que se incorporou ao equipo na fase final da recuperación dunha rotura de ligamento cruzado anterior no xeonllo esquerdo, que a apartou das pistas a principios da tempada pasada. Con moito traballo detrás e máis ganas que nunca, espérase que a valenciana poida incorporarse á súa primeira convocatoria co club baixomiñoto este sábado, na visita do Bera Bera á Sangriña. 

 Cobo sufriu a principios da pasada tempada esa complicada lesión de xeonllo, que a apartou das pistas apenas semanas despois de incorporarse ao Balonmán Zuazo Feminino. En novembro, hai case un ano, pasou polo quirófano para iniciar un longo camiño de recuperación que esta semana chegou ao seu fin. En busca dun novo comezo tras unha campaña practicamente completa inactiva, a de Mislata chegou en agosto ao Atlético Guardés sen poder adestrar aínda ao 100%. Aos poucos, a súa rehabilitación particular foi avanzando e hai case dous meses incorporábase aos adestramentos grupais, para recibir este mércores finalmente a luz verde médica para retomar a competición. 

 Así, o equipo baixomiñoto recupera un efectivo importante, que poderá probar ademais por primeira vez. A valenciana destacaba nas súas últimas accións na pista pola súa capacidade para desenvolverse como lateral, cun 1,78 m de altura moi eficaz no ámbito defensivo; aínda que se espera que achega ao conxunto galego desde o extremo, posición que agora estaba a ser reforzada polas pivotes Cristina Cifuentes e África Sempere. Todo apunta a que a súa versatilidade poderá verse este sábado, 31 de outubro, ás 19.00 horas, na Sangriña, na visita ligueira do Super Amara Bera Bera ao Atlético Guardés, completando Cobo unha convocatoria na que seguirá ausentándose Elena Martínez, aínda con incerteza sobre o estado do seu propio xeonllo.  

María Cobo: “Non hai nada que me faga máis ilusión que volver e poder facelo debutando en casa” 

 A lateral do Atlético Guardés, María Cobo, fala deste último ano como un conxunto de “meses moi longos e duros, de moito traballo, paciencia e aprendizaxe”, conformando todos eles “un camiño que me obrigou a parar e a ver as cousas doutro xeito, ensinándome a valorar cada pequeno paso e todo o que antes daba por feito”. Esa paciencia e constancia son as que lle permitiron recuperarse cumprindo coas pautas e prazos establecidos para volver ás pistas con todas as garantías. 

 A valenciana contaba os días para retomar a competición despois de tantos meses, e é por iso que di volver “cunha ilusión e unhas ganas tremendas de volver facer o que máis me gusta, de desfrutar de cada adestramento, de cada partido e de volver sentir todo aquilo que tanto botei de menos”. Unha oportunidade que, explica, valora especialmente “despois de ver todo o camiño que hai detrás” e tendo en conta o escenario en que estreará a camiseta baixomiñota: “Non hai nada que me faga máis ilusión que volver estar aí e poder facelo debutando en casa”. Da man das súas compañeiras, Cobo espera que este sábado sexa a ocasión para “volver desfrutar”.     

OIA

O PSOE de Oia solicita un pleno extraordinario para abordar o futuro do PXOM   

• O Grupo Municipal Socialista reclama que a  Corporación debata a situación do planeamiento urbanístico e os pasos necesarios para avanzar na sua tramitación  


José Antonio Olmedo Granja, concelleiro do Grupo Municipal Socialista de Oia
Foto: GMS

Infogauda/Oia 

 O Grupo Municipal Socialista de Oia presentou unha solicitude formal para a convocatoria dun pleno extraordinario dedicado ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), co obxectivo de coñecer o estado actual da súa tramitación, aclarar os asuntos pendentes e debater as propostas que considera necesarias para o futuro desenvolvemento do municipio. 

 A solicitude está asinada polos concelleiros socialistas José Antonio Olmedo Granja, María Hortensia Villamarín Durán e María Álvarez González, ao abeiro do artigo 46.2.a da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local, que permite solicitar a celebración dun pleno extraordinario cando o pide, polo menos, a cuarta parte dos membros da Corporación. 

 Desde o PSOE de Oia consideran que o PXOM é unha ferramenta fundamental para definir o futuro urbanístico, territorial, económico, social, ambiental e patrimonial do concello, polo que resulta imprescindible que a Corporación municipal dispoña de información completa e actualizada sobre a súa elaboración. 

Os socialistas reclaman información clara sobre a tramitación do PXOM 

 O primeiro punto da solicitude reclama que o equipo de goberno informe detalladamente sobre os traballos realizados ata o momento, os informes e pronunciamentos emitidos polos organismos competentes, os trámites e autorizacións pendentes e as posibles dificultades que estean condicionando o avance do planeamento. 

 Tamén se solicita que se expliquen os próximos pasos, o calendario estimado e as previsións do goberno municipal para a aprobación definitiva do PXOM. 

 Ademais, o Grupo Municipal Socialista pide que a documentación dispoñible e actualizada se facilite aos membros da Corporación con carácter previo á celebración da sesión, para permitir un debate fundamentado. 

 Para os socialistas, a importancia deste documento esixe transparencia e participación. 

Trece propostas para o futuro urbanístico de Oia 

 A solicitude incorpora trece propostas de resolución que os socialistas piden debater e votar individualmente, relacionadas coa protección do patrimonio, a ordenación dos núcleos de poboación, as infraestruturas e os equipamentos públicos. 

 Un dos aspectos destacados é a proposta de protección conxunta do patrimonio histórico de Santa María de Oia. O PSOE propón estudar a declaración como Conxunto Histórico dun ámbito que inclúa o mosteiro, a igrexa parroquial, o adro, o pombal, os muros defensivos, a ponte sobre o río da Lavandeira e a camboa, así como outros elementos patrimoniais asociados. 

 A iniciativa tamén contempla a protección do Arrabal, dos muíños e lavadoiros do tramo final do río da Lavandeira, do patrimonio cultural subacuático da contorna da Camboa e do poboado castrexo do Bosque. 

 En relación con este último espazo, os socialistas propoñen estudar un convenio urbanístico cos propietarios da parcela denominada O Bosque, de aproximadamente 30 hectáreas, para explorar a súa posible incorporación ao patrimonio municipal e garantir a conservación, investigación e posta en valor do asentamento castrexo. 

Ordenación territorial, mobilidade e protección ambiental 

 O documento tamén solicita estudar o desenvolvemento do Estudo de Detalle da contorna do Mosteiro de Oia e incorporar ao PXOM un plan de tráfico, mobilidade e accesibilidade para este ámbito, que permita ordenar os accesos, a circulación, o estacionamento e a mobilidade peonil, respectando o valor patrimonial da zona. 

 Outra das propostas consiste en estudar o desprazamento ou soterramento das liñas de alta tensión ao seu paso por núcleos urbanos ou urbanizables, sempre que resulte técnica, ambiental e economicamente viable. 

 No ámbito ambiental, o PSOE propón a protección integral de Punta Orelluda, coa finalidade de preservar os seus valores naturais e paisaxísticos e garantir usos compatibles coa súa conservación. 

 Así mesmo, reclama revisar os límites do solo urbanizable en contacto cos montes comunais, protexer e incrementar o solo agrario e evitar unha expansión innecesaria do solo forestal sobre terreos con capacidade e tradición agrícola. 

Atención aos núcleos tradicionais e ás necesidades da veciñanza 

 O Grupo Municipal Socialista tamén considera necesario revisar a delimitación urbanística dos núcleos tradicionais, prestando especial atención a Chavella e A Riña, así como estudar unha nova delimitación do barrio de Acevedo adaptada á súa realidade territorial e poboacional. 

 Outra proposta solicita revisar e, cando proceda, reducir as superficies de solo urbanizable previstas en determinados instrumentos de planeamento, priorizando a consolidación dos asentamentos existentes e unha ampliación ordenada das áreas de expansión dos núcleos tradicionais. 

 No ámbito portuario, o PSOE propón avanzar na definición dun Plan de Usos para a zona portuaria de Oia, buscando compatibilizar a actividade portuaria coa protección ambiental, paisaxística e patrimonial e co uso público do litoral. 

Reserva de solo para servizos e infraestruturas públicas 

 Un dos puntos que os socialistas consideran especialmente relevantes é a necesidade de que o PXOM reserve solo suficiente para os equipamentos e servizos públicos que Oia poida necesitar nos próximos anos. 

 Entre as instalacións recollidas na proposta figuran un punto limpo, infraestruturas para o tratamento e xestión de residuos voluminosos, un polideportivo, instalacións de depuración de augas residuais, un centro de día e unha residencia para persoas maiores, ademais doutros equipamentos que poidan resultar necesarios. 

 O PSOE considera que a planificación urbanística debe anticiparse ás necesidades presentes e futuras da poboación, permitindo que o municipio dispoña de espazos adecuados para desenvolver novos servizos públicos. 

Un debate necesario para decidir o futuro do municipio 

 Desde o Grupo Municipal Socialista destacan que a solicitude do pleno extraordinario busca abrir un debate sobre un documento que condicionará o desenvolvemento de Oia durante as próximas décadas. 

 Os socialistas consideran fundamental que a Corporación poida coñecer con precisión a situación administrativa do PXOM, formular propostas e pronunciarse sobre as prioridades urbanísticas, patrimoniais, ambientais e sociais do municipio. 

 O PSOE de Oia reclama que o futuro do planeamento municipal se aborde con información, transparencia e debate público, de maneira que as decisións que se adopten respondan ás necesidades reais da veciñanza e permitan avanzar cara a unha ordenación equilibrada e sostible do territorio. 

 A solicitude presentada pide que as trece propostas sexan debatidas e sometidas a votación individual durante a sesión extraordinaria. 

 O Grupo Municipal Socialista queda agora á espera da convocatoria do pleno para abordar o estado do PXOM e as propostas formuladas. 

VALENÇA DO MINHO

Clube de Leitura “Chá com Palavras” celebra 13 anos a estimular a leitura entre os seniores


O vereador da Cultura, Óscar Silva, marcou presença na iniciativa e destacou a importância do projeto
Foto: MVdoM

Vitor Salvador/Valença do Minho

 A Biblioteca Municipal de Valença assinalou o 13º aniversário do Clube de Leitura “Chá com Palavras”, um projeto que, há mais de uma década, tem contribuído para a dinamização cultural do concelho, promovendo o gosto pela leitura, o diálogo e o convívio em torno da literatura, com particular enfoque na população sénior.  

 A sessão comemorativa ficou marcada por uma homenagem póstuma aos membros do clube entretanto falecidos e pela apresentação dos novos participantes que passam a integrar o grupo nesta nova temporada.  

 O vereador da Cultura, Óscar Silva, marcou presença na iniciativa e destacou a importância do projeto: “O Clube de Leitura ‘Chá com Palavras’ é um exemplo de como a cultura aproxima pessoas, combate o isolamento e promove o envelhecimento ativo. Ao longo de 13 anos, tem sido um espaço de partilha, convívio e enriquecimento pessoal”.  

 O autarca deixou, ainda, uma palavra de reconhecimento à fundadora do clube, Maria José Areal, e a todos os que mantêm vivo este projeto de grande importância para a comunidade valenciana.  

 A tarde contou, também, com um momento musical protagonizado pela professora Sara Antunes, da Academia de Música Fortaleza de Valença, que proporcionou aos presentes um apontamento cultural.  

 O Clube de Leitura “Chá com Palavras” constitui um espaço privilegiado de convívio, aprendizagem e enriquecimento pessoal, onde muitos seniores encontram estímulo para ler, conversar, manter-se ativos e reforçar os laços com a comunidade.  

 Os interessados podem participar livremente, bastando comparecer às sessões, que decorrem às segundas-feiras, pelas 15h00, na Biblioteca Municipal de Valença.

VILA NOVA DE CERVEIRA

Comunidade cerveirense em Newark une-se em prol da Santa Casa da Misericórdia do concelho  


O encontro contou com a presença do Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, acompanhado pelo Provedor da Santa Casa da Misericórdia, Renato Martins
Fotos: MVNdeC

Irene Pinheiro/Vila Nova de Cerveira

 A comunidade cerveirense radicada em Newark, nos Estados Unidos da América, voltou a dar um exemplo de solidariedade e de ligação às suas raízes, reunindo cerca de 300 pessoas no tradicional convívio dos Amigos de Cerveira em Newark, realizado no passado domingo, no Sport Club Português. A iniciativa permitiu angariar cerca de 15 mil euros para apoiar as obras de modernização e ampliação do Lar Maria Luísa, da Santa Casa da Misericórdia de Vila Nova de Cerveira.  

 O encontro contou com a presença do Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, acompanhado pelo Provedor da Santa Casa da Misericórdia, Renato Martins, numa ocasião que voltou a evidenciar o forte espírito solidário da diáspora cerveirense e a sua permanente ligação à terra natal. Marcaram igualmente presença a Vice-Prefeita de Newark, Lígia de Freitas, o Presidente do Conselho Municipal, Luis Quintana, e o Cônsul Português em Newark, João Lopes.  

 O Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, destacou a importância deste gesto solidário, sublinhando que “a comunidade cerveirense em Newark continua a demonstrar que a distância não enfraquece os laços à terra natal. Pelo contrário, transforma esse sentimento de pertença em gestos concretos de solidariedade, com um impacto muito significativo na vida da nossa comunidade”. O autarca cerveirense agradeceu a todos os que contribuíram para esta iniciativa, salientando que “apoiar a Santa Casa da Misericórdia é investir na dignidade, no bem-estar e na qualidade de vida das pessoas que mais precisam. Este exemplo de generosidade, que atravessa gerações, é motivo de orgulho para Vila Nova de Cerveira e demonstra a força da união entre os cerveirenses, dentro e fora de Portugal”.  

 O valor angariado reverte a favor da Santa Casa da Misericórdia de Vila Nova de Cerveira, cuja modernização das instalações e o reforço da capacidade de resposta social da Estrutura Residencial para Pessoas Idosas apresenta-se como prioridade. Sem obras estruturantes desde a sua inauguração, em 1980, o Lar Maria Luísa, que acolhe atualmente 70 utentes, necessita de uma intervenção profunda para melhorar as condições de conforto, segurança e bem-estar dos residentes, bem como para ampliar a capacidade de acolhimento para 120 pessoas.  

 Para além da resposta residencial destinada à população sénior, a Santa Casa da Misericórdia de Vila Nova de Cerveira está também a investir na área da infância. Encontra-se em curso uma intervenção no Jardim de Infância, no valor aproximado de 40 mil euros, que permitirá aumentar significativamente a capacidade de resposta e reforçar a aposta na Educação Especial.  

 A preservação do património histórico e religioso constitui outra das prioridades da instituição. Na Igreja da Misericórdia, está previsto um projeto de restauro integral, com um investimento superior a 400 mil euros. A intervenção conta com um financiamento de 181 mil euros do Fundo Rainha D. Leonor, ao qual se juntará o apoio do Município de Vila Nova de Cerveira, contribuindo para a salvaguarda e valorização de um importante elemento do património local.  

 Durante o encontro, o Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Rui Teixeira, recordou, com reconhecimento e emoção, os impulsionadores históricos desta iniciativa solidária, João Loureiro, falecido em 2020, e Mô, cuja dedicação foi determinante para manter viva a ligação dos cerveirenses de Newark à sua terra de origem.  

 Com mais de três décadas de história, o convívio foi reativado em 2025 por Helena Castro, filha de Mô, dando continuidade a um percurso de solidariedade que já permitiu canalizar mais de meio milhão de dólares para instituições e projetos de Vila Nova de Cerveira, através de donativos monetários e da oferta de equipamentos.    

Cooperação institucional reforça a ligação entre Cerveira e Newark  

 A visita de Rui Teixeira a Newark decorreu num contexto de aprofundamento das relações institucionais entre as duas comunidades. A 25 de março de 2026, o Município de Vila Nova de Cerveira formalizou a geminação com a cidade norte-americana, assinada pelo Presidente da Câmara Municipal, Rui Teixeira, e pelo Mayor de Newark, Ras J. Baraka, consolidando uma relação histórica de amizade e colaboração, sustentada em décadas de ligação entre os dois territórios.  

 Ao longo dos quatro dias de visita, o autarca teve ainda oportunidade de contactar com associações culturais e entidades ligadas à proteção civil, promovendo encontros e iniciando contactos com vista ao desenvolvimento de futuras iniciativas de cooperação.  



 O programa incluiu visitas ao quartel dos Bombeiros de Newark, à Casa do Minho, ao Rancho Dança na Eira e ao Museu Jack Costa, instalado no Sport Club Português de Newark. Neste último espaço, Rui Teixeira ofereceu uma camisola e um galhardete do Clube Desportivo de Cerveira, para integrar o acervo do museu e perpetuar a ligação entre as duas comunidades.