31 de out. de 2026

TOMIÑO

O GRUPO SOCIALISTA EMPLAZA Á XUNTA E AO GOBERNO DE TOMIÑO A COLABORAR PARA DESENVOLVER O SANEAMENTO INTEGRAL DO CONCELLO  

• Carlos López Font puntualiza que “nin a Xunta pode desentenderse de Tomiño nin o Concello pode conformarse con actuacións parciais”

 

Mirta Isabel Misa Misa - á der. - concelleira do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño, onde exerce ademais como responsable de Organización, Educación e Igualdade da agrupación socialista local e comparte representación política xunto á portavoz Violeta de Santiago, con dúas persoas máis da Agrupación Socialista de Tomiño 
Foto: GMS

Infogauda/Tomiño 

 O parlamentario socialista Carlos López Font presentou na Comisión de Ordenación Territorial do Parlamento de Galicia —froito do traballo coordinado coa voceira municipal, Violeta de Santiago Moure— unha proposición non de lei para reclamar á Xunta e ao goberno de Tomiño a colaboración no saneamento integral do concello, iniciativa que foi rexeitada polo PP. 

 López Font advertiu que “nin a Xunta pode desentenderse de Tomiño nin o Concello pode conformarse con actuacións parciais”, e puntualizou que cada administración “debe asumir a parte de responsabilidade que lle corresponde”. 

 Urxiu a comezar pola planificación dos colectores para integrar as redes que xa existen mediante un colector xeral e “avanzar cara un tratamento eficaz das augas residuais” e previr a contaminación dun concello especialmente sensible pola súa riqueza medioambiental. Esta esixencia parlamentaria realízase a instancias do Grupo Municipal dos Socialistas de Tomiño ante o histórico esquecemento do rural por parte da Xunta. 

 Reclamou así “planificación, financiamento e compromisos compartidos” para despregar unha infraestrutura fundamental para os veciños e veciñas do Concello “con independencia da parroquia na que residan” porque, explicou, “a realidade é que hoxe en Tomiño continúan existindo importantes diferencias no acceso ao saneamento das diferentes parroquias”. 

 Por iso emprazou a Augas de Galicia a que se coordine con Tomiño para elaborar “un proxecto técnico que permita abordar as necesidades xerais de saneamento”, fixando “as actuacións necesarias, as conexións pendentes e as solutiones técnicas máis axeitadas”. 

 Ademais, explicou que a actuación precisa dun proxecto que dea base á planificación real imprescindible para acceder ao financiamento necesario, que inclúa tanto os fondos europeos como as fórmulas de cooperación financeira entre as administracións. En definitiva, resumiu, e así o levan reclamando anos os socialistas de Tomiño a pé de rúa, Xunta e Concello “deben colaborar para determinar as necesidades reais, redactar os proxectos e buscar o financiamento necesario para executalos”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario